Diferenzas entre revisións de «Amilosa»

m
Bot: Substitución automática de texto (-===Outras lecturas=== +===Bibliografía===); cambios estética
m (Arranxos varios using AWB)
m (Bot: Substitución automática de texto (-===Outras lecturas=== +===Bibliografía===); cambios estética)
Como ten unha estrutura moi empaquetada, a amilosa é máis resistente á dixestión ca a amilopectina e é un tipo de "[[amidón resistente]]", utilizado como [[prebiótico]] <ref>http://www.healthyeatingclub.org/info/articles/nutrients/resisstarch.htm</ref>.
 
== Estrutura ==
A amilosa está constituída por moléculas de glicosa unidas por [[enlace glicosídico|enlace O-glicosídico]] α(1→4) <ref>Nelson, David , and Michael M. Cox. Principles of Biochemistry. 5th ed. New York: W. H. Freeman and Company , 2008.</ref>. O número de unidades repetidas de glicosa (n) é normalmente de entre 300 e 3.000, pero pode ser de milleiros.
 
As cadeas de amilosa poden adoptar tres formas principais. Pode presentarse nunha conformación amorfa desordenada ou en dúas formas helicoidais distintas. Pode unirse consigo mesma formando unha dobre hélice (formas A ou B), ou pode unirse a outras moléculas hidrofóbicas como o [[iodo]], un [[ácido graxo]], ou un [[composto aromático]]. Esta coñécese como forma V e é a esta forma de amilosa á que se une a [[amilopectina]] nos gránulos de [[amidón]]. Dentro do grupo de formas V hai moitas variacións posibles. Cada unha denomínase como V cun subíndice que indica o número de unidades de glicosa por cada volta da hélice. A forma máis común é a V<sub>6</sub>, que ten seis unidades de glicosa por volta. Existe tamén a forma V<sub>8</sub> e posiblemente a V<sub>7</sub>. Estas proporcionan un espazo aínda maior para que se una outra molécula á amilosa <ref>Cohen, R., Kovalev, M., Orlova, Y., Shimon, E., and Y. Ungar. 2008. Structural and Functional Properties of Amylose Complexes with Genistein. J. Agric. Food Chem. 56: 4212-4218.</ref>.
O interior das hélices de amilosa é [[hidrófobo]], onde están os H ; o exterior é [[hidrófilo]], onde están os [[grupo OH|grupos OH]].
 
== Propiedades físicas ==
A diferenza da [[amilopectina]], a amilosa é insoluble en auga <ref>http://www.eric.ed.gov/ERICWebPortal/custom/portlets/recordDetails/detailmini.jsp?_nfpb=true&_&ERICExtSearch_SearchValue_0=EJ128481&ERICExtSearch_SearchType_0=no&accno=EJ128481</ref> (a pesar de que nalgúns textos non actualizados se informe do contrario). Isto reduce a cristalinidade da amilopectina e a facilidade con que a auga pode infiltrar os gránulos de amidón <ref name="www1.lsbu.ac.uk"/>. Canto maior é o contido en amilosa, menor é o potencial de expansión e máis baixo a forza de xel para unha mesma concentración de amidón. Isto pode ser contrarrestado parcialmente incrementando o tamaño do gránulo <ref>(a) J-Y. Li and A-I. Yeh, Relationships between thermal, rheological characteristics and swelling power for various starches, J. Food Engineering 50 (2001) 141-148. (b) N. Singh, J. Singh, L. Kaur, N. Singh Sodhi and B. Singh Gill, Morphological, thermal and rheological properties of starches from different botanical sources, Food Chem. 81 (2003) 219-231.</ref>.
 
Análises de [[difracción de raios X]] das fibras combinados con programas informáticos atoparon tres polimorfos da amilosa, chamados A-, B- e C-. Cada forma corresponde coas formas do amidón A-, B- e C-. As estruturas A- e B- teñen diferentes estruturas cristalinas helicoidais e distinto contido de auga, entanto que a estrutura C- é unha mestura das celas unidade A- e B-, polo que ten una densidade de empaquetado intermedia entre as outras dúas formas <ref>Sarko, A., and H.-C. H. Wu. 1978. The Crystal Structures of A-, B- and C-Polymorphs of Amylose and Starch. Starch 30: 73-78.</ref>.
 
== Funcións ==
A amilosa é unha molécula na que a planta almacena enerxía en forma de moléculas de glicosa, que poden ser oxidadas na [[respiración celular]]. Dixírese con máis dificultade ca a amilopectina porque esta, ao estar ramificada, ten máis extremos por onde poden atacar os encimas. Porén, como a amilosa é máis liñal, ocupa menos espazo no gránulo, razón pola que é a principal molécula de reserva enerxética da planta. Supón o 30 % do amidón almacenado polas plantas, aínda que as porcentaxes varían dunha especie a outra. O encima dixestivo α-[[amilase]] é o responsable da degradación da molécula.
 
No laboratorio pode utilizarse como un marcador. As moléculas de [[iodo]] [[adsorción|adsórbense]] nas espiras da hélice de amilosa, facendo que o polímero de amidón absorba certas lonxitudes de onda da luz e se faga violeta ou azul moi escuro. Por tanto, pode utilizarse un preparado con iodo como o [[lugol]] para detectar a presenza de amidón. A intensidade da cor pode medirse cun [[colorímetro]], o que se utiliza para calcular a concentración de amidón presente na disolución. Tamén é posible utilizar o amidón como un indicador nas titracións que implican unha redución do iodo <ref>http://dwb.unl.edu/Teacher/NSF/C10/C10Links/mills.edu/RESEARCH/FUTURES/JOHNB/structurefunction/722.html</ref>. Tamén se usan bólas e resinas magnéticas de amilosa en columnas de cromatografía para separar as [[proteínas de unión á maltosa]] bacterianas <ref>http://www.neb.com/nebecomm/products/productE8035.asp</ref>.
 
== Investigacións recentes ==
As variedades do [[arroz]] de alto contido de amilosa, de grans menos pegañentos, ten moita menor [[carga glicémica]], o que pode ser beneficioso para os [[diabetes|diabéticos]].
 
Nas [[pataca]]s identificouse o xene GBSS (''granular binding starch synthase'') responsable de codificar un encima necesario para a produción de amilosa. Ao inhibir ese xene a produción de amilosa queda interrompida <ref name="gmo-compass.org"/>.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[amilopectina]]
* [[amidón]]
* [[amilomillo]], amidón de millo rico en amilosa
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mendosa.com/gilists.htm glycemic load]
* http://www.scientificpsychic.com/fitness/carbohydrates1.html
* http://www.gmo-compass.org/eng/glossary/
 
===Outras lecturasBibliografía ===
* Zhong, F., Yokoyama, W.H., Wang, Q., Shoemaker, C.F. 2006. Rice Starch, Amylopectin, and Amylose: Molecular Weight and Solubility in Dimethyl Sulfoxide-Based Solvents. Journal of Agricultural and Food Chemistry. 10.1021:A-G.
 
393.002

edicións