Revista Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
engado referencia
Liña 5:
Foi fundada e dirixida segundo Sala Catalá polo cubano Tristán de Jesús Medina e Sánchez<ref>{{Cita libro|título=op.cit.|apelidos=Sala Catalá|nome=José|editorial=|ano=|ISBN=|lugar=|páxinas=32-33|ref=}}</ref> e na súa posta en marcha intervirían igualmente Eduardo Medina e Luís Navarro e Calvo. Os directores da publicación foron Ricardo Merino e, despois, [[Armando Palacio Valdés]]<ref name=":0">{{Cita libro|título=op.cit.|apelidos=Ortiz García|nome=Carmen|editorial=|ano=1994|ISBN=|apelidos2=Sánchez Gómez|nome2=Luis Ángel|páxina=584|ref=}}</ref>. A revista incluíu contido variado, tanto de vertente humanística (literatura, filosofía, antropoloxía...) como científica, tendo especial predilección pola historia natural. Tamén levou a cabo traducións de textos de autores estranxeiros como [[Herbert Spencer]].
 
O carácter aberto e progresista da revista propiciou a presenza, nas súas páxinas, de interesantes polémicas como a mantida por Manuel de la Revilla e Juan de Vilanova sobre a [[Evolucionismo|teoría evolucionista]]<ref name=":0" />, ou as polémicas mantidas por [[Marcelino Menéndez Pelayo]], que recompilou posteriormente na súa obra "La Ciencia española"<ref>{{Cita web|url=http://www.filosofia.org/hem/med/m029.htm|páxina-web=|título=filosofía.org|data-acceso=26-03-2017}}</ref>.
 
Contou con colaboracións de firmas como as de Juan Vilanova, [[Augusto González de Linares]], Ludovico Carrau, Enrique Serrano Fatigati, Luciano Navarro Izquierdo, José do Perojo, José Ustáriz, Anxo Lasso de la Vega e Argüelles, José María Esperanza e Soa, Heliodoro María Jalón, [[Marcelino Menéndez Pelayo]], Rafael Montoro, Mariano Pardo de Figueroa, Manuel de Tolosa Latour, [[José Villa-amil y Castro|José Villaamil e Castro]], Francisco María Tubino e Oliva ou Alfredo Calderón, entre outros.