Motín de Aranjuez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ Commons
m Arranxos varios + cda
Liña 2:
[[Ficheiro:Caída y prisión del Príncipe de la Paz.JPG|miniatura|300px|''Caída e prisión do [[Manuel Godoy|Príncipe da Paz]]''. (c. 1814). Gravado de Francisco de Paula Martí, dun debuxo de Zacarías Velázquez que reflicte o día 19 de marzo de 1808 na cidade de [[Aranjuez]].]]
 
O '''Motín de Aranjuez''' foi un levantamento ocorrido entre o [[17 de marzo|17]] e o [[19 de marzo]] de [[1808]] nas rúas da localidade [[Madrid|madrileña]] de [[Aranjuez]], contra o goberno de [[Manuel Godoy]].
 
== Causas ==
As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de [[batalla de Trafalgar|Trafalgar]], que recaeu fundamentalmente nas clases baixas. Pero a iso hai que sumar o descontento da [[nobreza]] co goberno de [[Manuel Godoy]], a impaciencia do [[príncipe de Asturias]] (o futuro [[Fernando VII]]) por reinar, a acción dos axentes de [[Napoleón]], as intrigas da [[Palacio|Corte]] —onde se creara un núcleo opositor en torno ao príncipe de Asturias, formado por [[aristocracia|aristócratas]] receosos do poder de Godoy, e escandalizados polas supuestas relacións deste coa raíña [[María Luísa de Parma]]—, así como o temor do [[clero]] ás medidas [[Desamortización de Godoy|desamortizadoras]] de Godoy.
 
A presenza de tropas francesas en España, en virtude do [[Tratado de Fontainebleau]], íase facendo cada día máis ameazante a medida que ían ocupando (sen ningún respaldo do tratado) diversas localidades españolas ([[Burgos]], [[Salamanca]], [[Pamplona]], [[Donostia|San Sebastián]], [[Barcelona]] ou [[Figueres]]). O total de soldados franceses acantoados en España ascendía a uns 65.000, que controlaban no só as comunicacións con [[Portugal]] (o que si estaba estipulado no tratado), senón tamén con [[Madrid]], así como coa fronteira francesa.
 
Esta situación terminou por alarmar tamén a Godoy. En marzo de [[1808]], temendo o peor, a familia real retirouse a Aranjuez para, en caso de necesidade, seguir camiño cara o sur, cara a [[Sevilla]], e embarcar alí para [[América]], como xa fixera a familia real portuguesa (incluíndo o príncipe [[Xoán VI de Portugal|Xoán María]], futuro rei [[Xoán VI de Portugal|Xoán IV]], e a súa esposa a [[infante de España|infanta]] [[Xosefina Carlota de Borbón|Xosefina Carlota]], irmá maior do rei [[Carlos IV de España]]).
 
== O motín ==
O [[17 de marzo]] de [[1808]], tras correr polas rúas de Aranjuez o rumor da viaxe dos reis, unha pequena multitude (composta por empregados dos nobres, posto que ao ser un Real Sitio e non unha vila, Aranjuez non tiña daquela unha poboación vilega que puidese alzarse por si soa), dirixida por membros do partido fernandino —nobres cercanos ao príncipe de Asturias—, reuniuse fronte ao [[Palacio Real de Aranjuez|Palacio Real]] e asaltou o palacio de Godoy, queimando aqueles aparellos que non foron directamente saqueados. O día 19, pola mañana, Godoy foi sorprendido agochado entre alfombras do seu palacio e trasladado até o Cuartel de Guardas de Corps, no medio dunha chuvia de golpes.
 
Ante esta situación, e co temor dun [[linchamento]], interveu o príncipe Fernando, verdadeiro dono da situación, conseguindo que o seu pai [[Abdicación|abdicase]] nel no mediodía desa mesma data, converténdose así en [[Fernando VII]].
 
Os acontecementos de Aranjuez foron os primeiros sinais da agonía do [[Antigo Réxime]] en España. O pobo fora manipulado pero, en calquera caso, a súa intervención foi decisiva, posto que non só conseguiu a renuncia dun ministro odiado (xa ocorrera no [[motín de Esquilache]], en [[1766]]), senón tamén a renuncia dun soberano e o acceso ao trono dun novo rei, lexitimado pola vontade popular.
 
Pero caro foi o prezo pagado: o sangue da [[Guerra da Independencia española|guerra da Independencia]] e un posterior reinado de Fernando VII nefasto e que acabaría na [[primeira guerra carlista]].
Liña 41:
 
{{commonscat|Mutiny of Aranjuez}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Antigo Réxime]]