San Andrés y Sauces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Iñame.
m →‎top: Arranxos varios
Liña 19:
|sitio web = [http://www.sanandresysauces.es www.sanandresysauces.es]
}}
'''San Andrés y Sauces''' é un municipio [[España|español]] pertencente á [[provincia de Santa Cruz de Tenerife]]. Está situado no nordés da illa [[Canarias|canaria]] de [[La Palma]].
 
Ten unha extensión de 42,75  km² e unha poboación de 4.860 habitantes ([[Instituto Nacional de Estatística de España|INE]], 2011). A altitude do centro do municipio (Los Sauces) é de 250 metros sobre o nivel do mar.
 
[[Ficheiro:Typical view Village La Palma.jpg|miniatura|esquerda|220px|San Andrés]]
Durante algún tempo foron dous pobos separados, [[San Andrés, La Palma|San Andrés]] na costa e [[Los Sauces, La Palma|Los Sauces]] nas medianías. Tras a crise da cana de azucre iniciouse o declive de ambos o que produciu que finalmente se unisen. Debido a ser lugar de paso da estrada do norte, Los Sauces creceu en poboación mentres que San Andrés estancouse.
 
O municipio destaca pola súa masa boscosa de [[laurisilva]], os seus profundos barrancos, os seus bancales e cultivos de plátanos. Algúns lugares de interese son o barranco e bosque de Los Tilos, Los Nacientes de Marcos e Cordero, El Molino El Regente, El Charco Azul (piscinas naturais), El Puerto Espíndola, Igrexa de San Andrés, así como os núcleos de poboación, onde atopamos boas mostras de arquitectura tradicional.
 
A economía vira en torno ao [[banana|plátano]] principalmente, sendo o único outro cultivo de importancia a [[cana de azucre]], que se usa na única destilería da illa para fabricar o ''[[Ron]] Aldea''. Outro cultivo minoritario é o [[iñame]], que se cultiva nas ladeiras húmidas encharcadas dos barrancos. Os sauceros son coñecidos na Palma como "Ñameros".
 
Na costa atópase ''Puerto Espíndola'', un pequeno porto pesqueiro que anteriormente foi a principal vía de comunicación do municipio, antes de que se construíse no século XX a estrada.
 
Na costa atópanse tamén as piscinas naturais do ''Charco Azul'', pequeno centro turístico do municipio.