Vilanova i la Geltrú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 20:
sitio web = [http://www.vilanova.cat www.vilanova.cat]|
}}
[[Ficheiro:Vilanova i la Geltru beach2.jpg|miniatura|300px|dereita|Paseo marítimo de Vilanova]]'''Vilanova i la Geltrú''' é unha cidade e [[municipio]] da [[provincia de Barcelona]], [[Cataluña]], [[España]]. Situado a 45  km de Barcelona e a 40  km de [[Tarragona]], é a capital da comarca do [[Garraf]].
 
== Historia ==
Conta a lenda que a vila nova naceu porque o señor feudal de Geltrú promulgou unha lei segundo a cal, cando unha moza casaba, tiña que pasar a súa primeira noite con el, e moitos geltrunenses fóronse, instalándose cerca do mar, en territorios de [[Cubelles]], fundando a Vila Nova de Cubelles. Co tempo ambas creceron ata converterse nunha soa.
 
Vilanova i la Geltrú foi fundada, oficialmente, en [[1274]] cando o Rei [[Xaime I de Aragón|Xaime I]] concedeulle a [[Carta Poboa]], e ten unha longa historia que se traduce en numerosos puntos de interese cultural.
 
A mediados do [[século XVIII]], cando o rei [[Carlos VI de Alemaña|Carlos III]] permitiu que Vilanova comerciara con [[América]], a cidade vive unha efervescencia económica moi importante. Un progreso que non se limita a unha acumulación de riquezas, senón que reporta un investimento en cultura. É entón cando se fundan as primeiras sociedades recreativas, lugares de encontro e distracción.
 
A principios do [[século XIX]], aparecen os maxestuosos xardíns de reunión dándolle un aspecto de gran cidade, alegre debido, en gran parte, ao contacto que coa illa de [[Cuba]] ía adquirindo. Este ambiente festivo e cultural xa non abandonaría a cidade, e aquilo que empezou como xardíns de esparexemento deu lugar a espazos para espectáculos permanentes e a cuberto. En 1804, [[Pedro Gumá]] erixiu o primeiro teatro de Vilanova: a ''Sala'', un espazo de planta cadrada, con bóvedas, que servía tanto de teatro como de sala de baile.
 
A época dourada da cidade foi durante o [[Romanticismo]], período que se reflicte magníficamente en edificios como o Museo [[Víctor Balaguer]], construído polo que foi o último ministro de [[Ultramar]] español. Atopamos palacetes e mansións de interese como a ''Casa Renard'', ''Foment Vilanoví'', ''Casa Cabanyes'', ''Casa Samà'' e ''Can Pahissa''. Así mesmo destacan tamén as súas ermidas e igrexas como as de Sant Cristòfol, Sant Gervasi e Santa Maria de la Geltrú. Nesta última atópase un retablo de madeira policromada do século XVIII.
 
== Demografía ==
Liña 43:
 
== Comunicacións ==
As súas comunicacións son excelentes, a C-32, coñecida tamén como a Autoestrada [[Pau Casals]], permite unha boa comunicación coa capital catalá. Así mesmo conta cunha estación ferroviaria.
 
== Festividades ==
Entre as súas festas e tradicións atópase o soado Entroido, tradicional pero innovador, un entroido de sátira no que calquera famoso veciño é nomeado. Con todo, o acto máis importante deste entroido son "Lles Comparses", nas que, detrás de cada bandeira de cada asociación, desfilan parellas de mozos e mozas (máis de 50 por bandeira). Os mozos van con americana e barretina, dependendo da asociación. As mozas sempre van con mantón, caraveis e saia. Todos os mozos levan unha bolsa chea de caramelos e realizan, coas outras bandeiras que se atopan pola rúa, a batalla dos caramelos. Na praza da vila concéntranse todas as bandeiras (por antigüidade) e realízase a batalla final, mentres bailan ao ritmo de ''O Turuta''.
 
No mes de agosto celébrase a Festa Maior en honra á Virxe das Neves, patroa da cidade (5 de agosto).
 
En canto aos seus eventos relacionados co mundo do espectáculo, o máis destacado é o [[Festival Internacional de Música Popular Tradicional de Vilanova i la Geltrú]], que se celebra durante un fin de semana completo de xullo. Trátase do certame máis antigo de España dedicado ás [[músicas do mundo]] ou de [[raíz]].