Georgetown, Güiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 27:
|sitio web =
}}
'''Georgetown''' é a capital da [[Güiana]] e cunha poboación de 213.705 habitantes ([[2002]]) é a cidade máis grande da ex-colonia británica. A cidade está situada sobre a costa atlántica, na foz do [[río Demerara]], cerca de 20  km a leste do estuario do [[río Essequibo]]. É alcumada como “a [[cidade xardín]] do Caribe”.
 
== Historia ==
Liña 40:
== Sitios de interese ==
[[Ficheiro:Parliament building, Guyana.jpg|miniatura|dereita|300px|Pazo do Parlamento]]
A maior parte das edificacións máis importantes da cidade áchanse na parte occidental. Arredor da área centro-occidental está ''Independence Square'' e ''Promenade Gardens'', o [[Museo de Antropoloxía "Walter Roth"]], a ''Biblioteca Nacional'' (construída con financiamento de [[Andrew Carnagie]]), o ''Banco da Güiana'', o ''Museo da Güiana'', a ''State House'' ou residencia do presidente do país e mais a [[catedral]] [[Igrexa Anglicana|anglicana]] de San Xurxo.
 
Na parte meridional da mesma zona encóntrase o ''Pazo Municipal'', de estilo [[neogótico]] ([[1889]]), a ''Victoria Law Courts'' ([[1887]]), o ''Pazo do Parlamento'' ([[1829]]-[[1834]]), o gran ''Mercado Stabroek'' ([[1792]]) coa torre do reloxo que domina o panorama cidadán, a catedral [[catolicismo|católica]], ''City Engineer House'', a ''Magistrate Court'', a igrexa de Santo André ([[1818]]) e o ''Arco da Independencia'' (Independence Arch).
 
Na parte setentrional da cidade, cerca da costa atlántica está situado o forte William Frederick, un parque, o [[faro]] e a ''Umana Yana'', unha construción cónica dos indíxenas [[Wai-Wai]] construída, segundo os métodos tradicionais, en [[1972]], con ocasión da conferencia dos ministros de asuntos exteriores dos [[países non aliñados]].
 
== Educación ==
Liña 50:
 
== Comunicacións ==
Georgetown está atendida polo [[Aeoporto Internacional Cheddi Jagan]], situado a 41  km ao sur da cidade, desde onde hai voos constantes con [[New York]], [[Miami]], [[Toronto]], [[Bridgetown]], [[Port of Spain]] e [[Paramaribo]]. Hai tamén liñas regulares de autobuses entre Georgetown e [[Boa Vista]] en [[Brasil]], e servizo diario por ferri con [[Paramaribo]], [[Suriname]] que cruza o [[río Courantyne]].
 
{{Capitais de América do Sur}}