Lublin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: conta con → ten (2), Conta con → Ten
Liña 123:
Durante o século XX destacaba Lublin pola industria do automóbil e de maquinaria agrícola especialmente pola creación da Fabryka Samochodów Ciężarowych en 1950. Esta fábrica sufriu moitas dificultades nos anos 1990 e 2000. Na actualidade segue producindo vehículos, logo de ser adquirida en 2009 por DZT Tymińscy Sp. J., convertida logo en Honker Polonia<ref>{{cita web |url=http://www.honker.com.pl/index.php/historia|título=Páxina de Honker Polonia |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=polaco}}</ref>.
 
Ademais Lublin é capital dunha fértil rexión que produce carne, trigo, fariña, azucre, tabaco, cervexa e aceites vexetais. Por ese motivo a cidade conta conten industrias de tratamento de alimentos e coa principal plataforma de distribución alimentaria e de flores do Leste de Polonia, o mercado de Elizówka<ref name=":0">{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
=== Servizos e educación ===
 
Na actualidade, a pesar da continuidade na produción da súa industria automobilística, as principais fontes de empregos son o sector servizos e a presenza de numerosas universidades<ref>{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. Conta conTen cinco universidades consideradas públicas: a Universidade Católica de Lublin (única do seu tipo en Polonia), a Universidade de Medicina, a Universidade de Ciencias da Vida, a Universidade Tecnolóxica de Lublin e a Universidade María Curie Skłodowska, unha das maiores do país. A estas únense outros tantos centros privados especializados, abertos nos últimos anos<ref>{{cita web |url=http://eunivercitiesnetwork.com/city-of-lublin-universities-of-lublin/|título=Sección de Univercities Network referida a Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. En 2009 86.000 estudiantes estaban inscritos nestas universidades.
 
Nos últimos anos instaláronse en Lublin varias empresas do sector servizos, especialmente tecnolóxicas, traídas polos incentivos fiscais e de crédito, polo baixo prezo dos alugueiros (un 60% do de Cracovia), pola presenza de man de obra cualificada, pola relativa proximidade con Varsovia e por uns salarios medios que só representaban en 2011 un 73% da media na capital do país. En paralelo, as administracións local e rexional puxeron en marcha diversos proxectos de colaboración entre as universidades e pequenos emprendedores, creando un parque tecnolóxico, incubadores de proxectos e fundacións especializadas en dar apoio a novas empresas<ref>{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
Liña 156:
=== Aeroporto ===
 
No 2012 inaugurouse o [[aeroporto de Lublin]], situado na vila veciña de [[Świdnik]]. Na actualidade conta conten ligazóns regulares con Londres, Oslo, Gdańsk, Milán e Roma. [[Lufthansa]] anunciou que a partir de xullo do 2014 operará dous voos semanais a [[Frankfurt]]<ref>{{cita web |url=http://www.lufthansagroup.com/en/press/news-releases/singleview/archive/2014/april/09/article/2900.html|título=Nota de presa de Lufthansa|dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
== Monumentos e lugares de interese ==