Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección do xénero da palabra "arte".
m Arranxos varios, replaced: conta con → ten (4)
Liña 128:
 
== Economía ==
Vitoria conta conten fábricas de empresas multinacionais como [[Mercedes Benz]], [[Michelin]], [[Gamesa]] ou [[Daewoo]], así como con empresas locais que proven de subministracións a aquelas. A esta actividade industrial hai que engadir a dos servizos, centrada no [[comercio]] e as actividades administrativas.
 
[[Ficheiro:El Caminante - Vitoria 1.jpg|190px|miniatura|esquerda|O Camiñante, na rúa Dato]]
Liña 135:
A cidade recibiu a influencia de diferentes culturas, que se foron sumando ó substrato nativo vasco. Na segunda metade do século XX chegaron a ela gran número de emigrantes procedentes do resto de España, ós que se sumaron nos últimos anos persoas chegadas de [[Latinoamérica]] e do norte de [[África]]. Como consecuencia, Vitoria é unha cidade activa e multicultural. Segundo un estudo, é a segunda cidade de España con mellor calidade de vida despois de [[Xirona]]{{cómpre referencia}}. É ademais a cidade española con máis zonas verdes, con 42 m² por persoa contando o Anel Verde da cidade<ref>[http://www.alavaturismo.com/es/ruta.php?Clave=3 zonas verdes de Vitoria]</ref>, e a segunda contando só as áreas verdes dentro da cidade con 23,4 m² por persoa<ref>[http://revista.consumer.es/web/es/20021101/actualidad/tema_de_portada/ zonas verdes de Vitoria]</ref>.
 
A capital vasca conta conten varios museos de primeira orde. O novo Centro-Museo Vasco de Arte Contemporánea ([[ARTIUM]]) ofrece unha colección de arte vasca e española desde os comezos do século XX ata a actualidade. Na casa-hotel do Conde de Dávila (de 1912), en pleno paseo de Frai Francisco (famoso polos seus suntuosos e en ocasións excéntricos pazos de principios do século XX), está o Museo de Belas Artes de Vitoria. Este centro ofrece unha brillante selección de costumismo vasco, tallas románicas e góticas, trípticos [[Flandres|flamengos]] e cadros dos séculos XVIII e XIX. Xunto co Mueso de Arqueoloxía, situado na Praza da Burullería, forma parte dunha rede museística que completan o Museo de Armería (tamén no Paseo de Frai Francisco, xunto a [[Ajuria Enea]]), o Museo de Ciencias Naturais (na impoñente Torre de Doña Otxanda, do século XV) e o [[Museo Fournier de Naipes]] (coa maior colección de naipes do mundo mercede á contribución da empresa local [[Naipes de Heraclio Fournier S.A.|Heraclio Fournier]], fundada en 1868). Por outra parte, numerosas galerías de arte distribúense pola cidade, acollendo exposicións de todo tipo.
 
Na terceira semana de xullo ten lugar anualmente o [[Festival de Jazz de Vitoria]], polo que pasaron músicos como [[Ella Fitzgerald]], [[Dizzy Gillespie]], [[Miles Davis]], [[Chick Corea]], [[Bobby McFerrin]] ou [[Wynton Marsalis]], quen compuxo un álbum de homenaxe ó festival.
Liña 195:
Desde o punto de vista urbanístico Vitoria é unha cidade de tamaño medio, cun trazado adaptado ás tradicións de cada momento histórico. O casco medieval desenvólvese en forma de améndoa en torno ó outeiro fundacional, que pola súa situación privilexiada como única elevación na planicie alavesa, converteuse nun bastión defensivo cobizado polos reinos de [[Navarra]] e Castela durante os séculos XI e XII. O recinto amurallado é anterior a esta guerra entre navarros e casteláns, e débese á labor emprendida polo [[Conde de Áraba]], fillo bastardo do rei [[Ramiro I de Aragón]], no século XI, para a defensa da aldea. Os muros defensivos da vella Gasteiz foron construídos entre 1050 e 1100. Debido a esa primeira función defensiva, as súas rúas estreitas e sombrías rodean o óvalo orixinario, en compactas ringleiras de vivendas paralelas entre si e con respecto ás murallas medievais (das que só se conservan algúns tramos e portóns). Entre 1854 e 1856 tivo lugar unha epidemia de [[cólera]] que mudou a fisionomía da cidade. Derribáronse os portais, que eran casas fortes, que daban acceso ás rúas Correría (casa forte dos Nanclares), Zapatería (casa forte dos Soto) e Ferrería (casa forte dos Abendaño) e que servían para protexer a cada gremio barrial. Á entrada da actual praza da Virxe Branca encontrábase o portal de Santa Clara, que estaba unido pola muralla ó [[Convento de San Antonio de Vitoria|Convento de San Antonio]]. No século XIX, e ante a evidencia de que a cidade estaba a quedarse pequena, planificouse un ensanche en estilo [[neoclásico]], e pouco a pouco a planificación da cidade foi dando a Vitoria a súa forma actual.
 
A améndoa medieval, como adoita ser coñecida, conta conten multitude de xoias arquitectónicas, como o [[Pazo de Bendaña]], sede do Museo Fournier de naipes (erixido en 1525 por [[Juan López de Arrieta]] no solar ocupado antes pola torre defensiva erixida polos Maeztu). O Pazo Escoriaza-Esquivel, do século XV, construído por [[Claudio de Arziniega]]. O Pazo de Vila Suso, do século XVI, no que habitou [[Martín de Salinas]], embaixador de [[Carlos I de España|Carlos I]]. Pero o maior tesouro medieval de Vitoria é a [[Catedral de Santa María de Vitoria|Catedral Vella de Santa María]].
 
[[Ficheiro:Vitoria -Monumento a la batalla de Vitoria.jpg|miniatura|esquerda|230px|Praza da Virxe Branca e Monumento á [[Batalla de Vitoria]]]]
Liña 210:
 
== Comunicacións ==
* Por estrada: Vitoria está comunicada tanto co resto de capitais vascas como coa meseta castelá, xa que é cidade de paso da autoestrada [[AP-1]], e conta conten dúas autovías no seu término municipal. Tamén conta coa estrada A-620 Vitoria-Altube e o seu enlace coa [[A-68]] Logroño-Bilbao.
* Por ferrocarril: A liña Madrid-Irun ten en Vitoria unha das súas paradas máis importantes. Media ducia de trens unen cada día a cidade con Madrid, destacando o servizo Alvia, que, vía [[Valladolid]], utiliza a infraestrutura do [[Alta Velocidade Española|AVE]] para chegar en 3 horas e 43 minutos a Madrid. Tamén hai conexións con [[Castela e León]], [[Galicia]], [[Cataluña]], [[Alacant]], [[Asturias]], [[Lisboa]] e [[París]]. Porén, non hai ningún comboi directo a [[Andalucía]], nin conexión ferroviaria con [[Bilbao]]. A chegada do [[Alta Velocidade Española|AVE]] á cidade, comunicándoa con [[Madrid]], [[Bilbao]] e [[Donostia]], as dúas últimas mediante o [[Y vasco]], está prevista para o ano [[2013]].
* Por avión: O [[aeroporto de Vitoria]] foi construído para ser o gran aeroporto do norte de España {{cómpre referencia}} e substituír ó de Bilbao, pero non conseguiu consolidarse como tal. O escaso número de vos de pasaxeiros contrasta coa súa consolidación como aeroporto de carga, sendo o cuarto aeroporto con maior transporte de mercancías de España.<ref>