Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Dominio colonial francés: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Prosegue o crecemento da poboación, que xa ascende a uns 18.500 habitantes en [[1904]], para ser xa de 25.000 en [[1909]], momento no que a cidade é xa o primeiro porto de [[Senegal]].
 
O político senegalés [[Blaise Diagne]], quen chegou a ser o primeiro ministro francés de raza negra, foi alcalde de Dakar entre os anos [[1920]] e [[1934]], ano da súa morte. A inicios do seu mandato, en [[1921]], a cidade tiña 32.440 habitantes, dos que 1.661 eran de orixe europea; polo contrario, a illa de Gorea, en continuo declive en número de habitantes, contaba contiña 700 habitantes en [[1926]]. Isto fixo que Gorea pasase a depender definitivamente de Dakar, inverténdose a situación histórica, en [[1929]].
 
Nos anos 1920 e 1930 prodúcese unha [[inmigración]] procedente do [[Líbano]], igualmente baixo dominio colonial de [[Francia]], que supón a continuación da que xa se rexistraba desde os años 1890 na cidade de [[Saint Louis, Senegal|San Luís. Trátase dunha inmigración vinculada ao [[comercio]], especialmente ao pequeno e mediano establecemento comercial.
378.256

edicións