Aviñón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 42:
Aviñón foi residencia dos [[papa]]s entre [[1309]] e [[1377]], cando a cidade atopábase baixo o goberno dos reis de [[Sicilia]] pertencentes á [[Casa de Anjou]]. En [[1348]], o papa [[Clemente VI]] comprou unha residencia á raíña [[Xoana I de Nápoles|Xoana I de Sicilia]]. Ese período, no que residiron na cidade os papas [[Clemente V]], [[Xoán XXII]], [[Bieito XII]], [[Clemente VI]], [[Inocencio VI]], [[Urbano V]] e [[Gregorio XI]], é coñecido como Papado de Aviñón. Despois dese período, en [[1378]], produciuse o [[Gran Cisma de Occidente]] que non se resolveu ata [[1417]].
 
Os [[antipapa]]s [[Clemente VII]] e [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]] continuaron residindo na cidade aínda despois de que os papas regresasen a [[Roma]] en [[1377]]. Clemente VII permaneceu en Aviñón durante todo o seu pontificado ([[1378]]-[[1394]]) mentres que Bieito XIII viviu en Aviñón ata que fuxiu cara a [[Aragón]], fixando a súa residencia finalmente en [[Peníscola]], onde morreu aos 96 anos en [[1423]].
 
Aviñón fora sede episcopal desde o ano 70 dC, e foi convertida en Arcebispado en [[1476]]. Nel celebráronse varios sínodos de menor importancia. A súa universidade foi fundada polo papa [[Bonifacio VIII]] en [[1303]] e, debido á súa reputación polos seus estudos en leis, tivo gran importancia ata a [[Revolución francesa]].
 
== Xeografía ==
Está situada na marxe esquerda do [[río Ródano]], no sueste do país. Está preto da costa, a 80  km ao noroeste de [[Marsella]] e a 650  km de [[París]]. O seu clima é [[Clima mediterráneo|mediterráneo]], con invernos frescos e veráns cálidos.
 
== Lugares de interese ==