Mejorada del Campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Cathedral-de-justo01.jpg|220px|miniatura|Catedral de Justo]]'''Mejorada del Campo''' é un municipio do centro de [[España]], na [[Comunidade de Madrid]], a uns 21  km ó leste de [[Madrid]]. Segundo datos do [[INE]], o municipio conta cunha poboación de 22.488 habitantes ([[2009]]).
 
==Características==
O pequeno termo municipal, de 17,21  km², limita con [[San Fernando de Henares]], [[Velilla de San Antonio]], [[Rivas-Vaciamadrid]] e [[Loeches]]. Os ríos [[Río Jarama|Jarama]] e [[Río Henares|Henares]] conflúen no seu termo municipal, dando relevancia aos cultivos de horta, sendo famosos na zona os [[tomate]]s pola súa calidade. Pero gran parte do concello é de secaño e algúns dos cultivos tradicionais foron o [[cereal]] e os [[oliva|oliveirais]].
 
As orixes da localidade remóntanse ó [[paleolítico]], aínda que Mejorada del Campo fundouse no [[século XII]], como unha das aldeas de [[Alcalá de Henares]]. No [[século XIII]] pasou a chamarse ''Mejorada del Rey'', e séculos máis tarde recuperou o topónimo tradicional.
 
Entre os monumentos máis importantes do municipio cabe destacar a [[Catedral de Justo]], a Capela de San Fausto e a Igrexa do Rosario.