Biblioteca Apostólica Vaticana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Sistinehall.jpg|miniatura|250px|Interior da Biblioteca.]]
A '''Biblioteca Apostólica Vaticana''' (en latín <span>''{{lang-la|Bibliotheca Apostolica Vaticana''</span>}}) é a biblioteca da [[Santa Sé]], situada na [[Cidade do Vaticano|Cidade do Vaticano.]]. Leva o nome de "apostólica", porque é unha institución que dende a súa fundación se considera a "Biblioteca do papa", xa que lle pertence directamente. É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e custodia unha moi importante colección de textos históricos.
 
== Historia ==
Os expertos dividen en cinco etapas a historia da biblioteca:
* '''Pre-Laterana''': os inicios da biblioteca, correspondentes á primeira etapa da historia da Igrexa, antes de que se instalase no Palacio de Letrán. Moi poucos libros corresponden a esta etapa.
* '''Laterana.''' Iníciase cando libros e manuscritos se gardaron no Palacio de Letrán, e prolóngase até finais do século XIII, durante o papado de [[Bonifacio VIII, papa|Bonifacio VIII.]].
* '''Aviñón.''' Durante este período tivo lugar un importante crecemento das coleccións de libros e arquivos dos papas que residiron en [[Aviñón]], entre a morte de Bonifacio VIII e 1370, cando retornou a Roma a sede papal.
* '''Pre-Vaticana.''' Entre 1370 e 1447 a biblioteca dispersouse, quedando partes en Roma, en Aviñón e noutros lugares.
* '''Vaticana.''' Etapa actual, iniciada en 1448, cando a biblioteca se trasladou ó Vaticano.
O papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]] fundou a biblioteca en 1448 reunindo uns 350 códices gregos, latinos e hebreos herdados dos seus antecesores coas súas propias adquisicións, entre as que estaban varios manuscritos da biblioteca imperial de [[Constantinopla|Constantinopla.]]. A fundación propiamente dita tivo lugar cando [[Sisto IV, papa|Sisto IV]], coa bula ''Ad decorem militantis Ecclesiae'' ([[15 de xuño]] de [[1475]]), asignoulle un orzamento e nomeou bibliotecario a [[Bartolomeo Platina]], quen elaborou un primeiro catálogo en [[1481|1481.]]. A biblioteca posuía entón máis de 3.500 manuscritos, o que a convertía de lonxe na maior do mundo occidental. Cara a [[1587]], o papa [[Sisto V, papa|Sisto V]] encargou ó arquitecto Domenico Fontana que construíse un novo edificio para albergar a biblioteca, o que se utiliza aínda.
 
A comezos do século XVII segregouse da biblioteca o [[Archivo Secreto Vaticano|Arquivo Secreto Vaticano.]]. En 1623, a Biblioteca Palatina de [[Heidelberg]], que contiña uns 3.500 manuscritos, foi doada á Biblioteca Vaticana por Maximiliano I, duque de Baviera, en agradecemento polo apoio que lle prestou o papa [[Gregorio XV, papa|Gregorio XV]] durante a [[Guerra dos Trinta Anos|Guerra dos Trinta Anos.]]. En 1657, adquiríronse tamén os manuscritos da casa ducal de [[Urbino|Urbino.]].
[[Ficheiro:Melozzo_da_Forlì_001.jpg|miniatura|O papa [[Sisto IV, papa|Sisto IV]] nomea a [[Bartolomeo Platina]] prefecto da Biblioteca Vaticana, fresco de [[Melozzo da Forlì]], c. 1477 (Museos Vaticanos).]]
En 1661, o intelectual grego León Alacio converteuse en bibliotecario. En 168,9 incorporáronse á biblioteca as coleccións da raíña [[Cristina de Suecia|Cristina de Suecia.]].
 
Durante o século XVIII, a biblioteca enriqueceuse tamén con novas adquisicións e xurdiu o primeiro proxecto de publicar un catálogo completo dos manuscritos da biblioteca. Con todo, só chegaron a publicarse tres dos vinte volumes proxectados. A finais do século, algúns libros deberon ser entregados como tributo de guerra á Francia [[Napoleón I de Francia|napoleón]]<nowiki/>ica, aínda que a maioría foron restituídos coa derrota de Napoleón, en 1815.
Liña 18 ⟶ 19:
Hoxe, a biblioteca custodia máis de 1.600.000 libros antigos e modernos, dos cales 8.300 son incunables, máis de 150.000 manuscritos e documentos de arquivos sen contar 100.000 documentos impresos e fragmentos, 300.000 moedas e medallas e 20.000 obxectos de arte.
 
O [[Archivo Secreto Vaticano|Arquivo Secreto Vaticano]], que foi separado da biblioteca a comezos do XVII, contén uns 150.000 volumes.
 
Entre os máis importantes manuscritos da biblioteca está o [[Codex Vaticanus]], o máis antigo manuscrito completo da [[Biblia]]. A ''Historia Secreta'' de [[Procopio de Cesarea|Procopio]] descubriuse nesta biblioteca, e publicouse en 1623. Tamén se atopou nela un dos tres cancioneiros coñecidos da [[Trobadorismo|lírica galaicoportuguesa]], o chamado [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancionero da Biblioteca Vaticana.]]. Custodia así mesmo as actas orixinais do proceso de Galileo, un manuscrito autógrafo de santo [[Tomé de Aquino]] e as cartas orixinais do caso de [[Martiño Lutero|Martiño Lutero.]].
 
Dende o 20 de setembro de 2010, e tras distintas reparacións que a mantiveron pechada ó público durante tres anos, a Biblioteca reabriu ao público.<ref>Cf. [http://press.catholica.va/news_services/press/vis/dinamiche/b7_sp.htm Vatican Information Service], 13 de setembro de 2010.</ref>