Rexurdimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Eduardopondal.jpg|miniatura|[[Eduardo Pondal]]]]
'''Rexurdimento''' (do verbo ''rexurdir'' formado sobre ''xurdir'' que procede do termo [[Lingua latina|latino]] ''surgere'' 'erguer')<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/rexurdimento/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Rexurdimento|data-acceso=4 de setembro de 2016}}</ref> é o nome co que se coñece o [[século XIX]] (ou a segunda metade do mesmo) na historia de [[Galiza]] e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en [[1863]] de ''[[Cantares Gallegosgalegos]]'', obra escrita integramente en galego por [[Rosalía de Castro]], inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a [[Eduardo Pondal]], [[Valentín Lamas Carvajal]] e mais [[Manuel Curros Enríquez]] como os principais escritores en galego desta época.
 
== Descrición ==
Liña 19:
:''Ortiña que quero tanto,
:''Figueiriñas que prantey,
::Fragmento de ''[[Cantares gallegos]]'' <ref>''[http://academia.gal/biblioteca-virtual#GetWorkById.do?id=CaGa++++1++++++++++++++++ Cantares Gallegosgallegos]'' na páxina da [[Real Academia Galega]].</ref>
|}
Coa publicación en [[1853]] do primeiro libro escrito en lingua galega no século XIX, ''[[A gaita gallega (libro)|A gaita gallega]]'', deuse un paso importante no sentido da normalización literaria galega. O seu autor foi [[Xoán Manuel Pintos]], que xunto con [[Francisco Añón]], [[Manuel Murguía]] e outros, pertence ao grupo chamado dos Precursores, que ía anticipar o movemento que recibiría o nome de "Rexurdimento" na cultura galega.
 
O Rexurdimento propiamente dito só chegaría coa publicación de ''[[Cantares Galegosgallegos]]'' de [[Rosalía de Castro]] en [[1863]], obra que marcou a madureza deste "renacemento" da [[cultura galega]]. Outros escritores destacados foron [[Curros Enríquez]] (''[[Aires da miña terra]]'', [[1880]]) e Eduardo Pondal (''[[Queixumes dos pinos]]'', [[1886]]), que proporcionaron ao galego a plenitude literaria que perdera desde algúns séculos atrás.
[[Ficheiro:A mis queridas sobrinas... Manolo.jpg|miniatura|[[Manuel Curros Enríquez]]]]
A presenza da [[lingua galega]] nos xornais contribúe ao prestixio da lingua. No ano [[1876]] edítase, promovido por [[Valentín Lamas Carvajal]], o considerado pioneiro dos xornais integramente en galego, [[O Tío Marcos da Portela]]. Este xornal, con marcado carácter anticaciquil, tivo un enorme éxito popular. Entre os anos [[1886]] e [[1888]] vaise consolidando o [[xornalismo]] na [[Galiza]], coa aparición de novas iniciativas monolingües: ''[[O Galiciano]]'', en [[Pontevedra]]; ''[[A Monteira]]'' en [[Lugo]]; e ''[[As Burgas (periódico)|As Burgas]]'', en [[Ourense]].