Aureliano Pardo Villar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Estudou latín e humanidades en Arzúa e ingresou no convento dominicano en setembro de [[1898]]. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Juan de Corias (Asturias) e os cinco últimos no de San Esteban de Salamanca. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. Durante a convalecencia foille asignado o convento de Padrón (1909).
 
Foi director da Asociación Regional del Santo Rosario (1913) e Bibliotecario e Sacristán Maior no convento de Padrón. Tamén foi socio colaborador do [[Seminario de Estudos Galegos]]. Estudoso da orde dos Predicadores en Galicia, no boletín católico ''[[Logos]]'' publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no ''Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense'' un artigo sobre o santoral (1937), que deu pé á publicación de ''Santoral gallego'' (1941). Colaborou en ''[[Faro de Vigo]]'', ''[[El Ideal Gallego]]'' e ''[[La Voz de Galicia]]'' co pseudónimo de '''León Yebra Oliver'''. Foi membro da [[Real Academia Galega]] (1941).
 
== Obras ==