Xarampón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Sarampión"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''xarampón''' ou '''sarampelo''' é unha doenza infecciosa exantemática como a [[rubeola]] ou a [[varíola]], bastante frecuente, especialmente en nenos, causada por un virus, especificamente da familia paramixoviridae (non confundir co xénero paramixo[[virus]] ó cal pertencen o virus das papeiras e parainfluenza) do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Morbillivirus|Morbillivirus.]]'' Caracterízase por típicas manchas na pel de cor vermella (eccemas) (exantema) así como [[febre]] e un estado xeral debilitado. Nalgúns casos de complicacións, o xarampón causa [[inflamación]] nos [[Pulmón|pulmóns]] e o [[cerebro]] que ameazan a vida do paciente.
 
O período de incubación do xarampón usualmente dura de 4 a 12 días, durante os cales non hai [[Síntoma|síntomas.]] As persoas infectadas permanecen contaxiosas dende a aparición dos primeiros síntomas até os 3-5 días despois da aparición das [[broulla]]<nowiki/>s.
 
A diagnose faise polo cadro clínico e a detección de [[Anticorpo|anticorpos]] no [[Sangue|sangue.]] Non existe terapia específica para o tratamento da enfermidade, con todo, pódese previr a enfermidade mediante a administración da vacina contra o xarampón. A [[Vacina vírica tripla|vacina tripla vírica]] (tamén coñecida como SPR) reduciu o número de infeccións no pasado. Na maioría dos países, a enfermidade é de declaración obrigatoria ás autoridades de saúde social.