Diferenzas entre revisións de «Remolacha»

m (Arranxos varios using AWB)
Aínda que as raíces podían arrincarse por un dispositivo formado por un arado movido por un grupo de bestas, o resto das tarefas de recolección realizábanse a man. O labrador tomaba a remolacha polas súas follas, sacudía a terra e cortaba as follas, despois cada parte ía a unha fileira, as raíces a un lado, as follas verdes a outro. Un segundo traballador equipado cun coitelo de remolacha (unha ferramenta de mango curto parecida a un pequeno fouciño), cortaba a coroa. As raíces de remolacha transportábanse despois en carros.
 
Hoxe en día a sementeira é mecánica, e a aplicación de [[herbicida]]s para o control de plantas ventureiras e a colleita mecanizada supuxo a non dependencia de numerosos traballadores. Unha rotobatidora utiliza unaunha serie de coitelas para cortar a folla e a coroa da raíz (que é baixa en azucre). A cultivadora de remolacha levanta a raíz, eliminando o exceso de terra nunha soa pasada sobre o campo. Unha cultivadora moderna adoita cubrir seis regos ao mesmo tempo. As raíces bótanse en camións.
 
Se a remolacha ten que deixarse almacenada para entregala ao cabo dalgún tempo, fórmanse montóns que se cobren con palla para protexela da intemperie. Sempre que o montón estea ben construído e teña unha correcta ventilación, a remolacha non se deteriora de maneira significativa. As remolachas que, para conservarse, se conxelan e despois se desconxelan, producen [[hidratos de carbono]] complexos que causan graves problemas de produción na fábrica.
226.373

edicións