Grupos Antiterroristas de Liberación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazóns internas.
Liña 9:
Durante a ditadura de [[Franco]] e a [[Transición Española]], cos gobernos de [[Unión de Centro Democrático]] (UCD) existiron diversas organizacións que utilizaron prácticas terroristas para enfrontarse a [[ETA]], como a [[Triple A]], o [[Batallón Vasco Español]] (BVE), os [[Comandos Antimarxistas]], os [[Grupos Armados Españoles]] e [[Antiterrorismo ETA]] (ATE). Algúns actuaban por libre, simplemente tolerados, mentres que outros tiñan apoios por parte de altas instancias do goberno. Tamén existían grupos que actuaban supostamente integrando a algúns membros do aparello de Corpos e Forzas de Seguridade de entón que coordinaban as accións e aleccionaban nas tácticas e o manexo de armas, funcionando como auténticos comandos terroristas de gran mobilidade con colaboración de grupos armados internacionais ([[OAS]], [[Triplo A]], ...)
 
Os casos do atentado contra [[Antonio Cubillo]], dirixente do [[Movemento pola Autodeterminación e Independencia do Arquipélago Canario|MPAIAC]] (grupo independentista das Illas Canarias) en 1978, imputado a axentes co apoio directo do [[Ministerio do Interior de España|Ministerio do Interior español]], ou do secuestro, malos tratos, tortura e simulación de execución do director do semanario El Doblón, [[José Antonio Martínez Soler]] en marzo de 1976 trala publicación dun artigo denunciando a purga de mandos moderados da Garda Civil, causaron grande impacto na opinión pública española e internacional pola súa implicación con forzas relacionadas co aparello de represión do Estado.
 
== Nacemento ==
 
En xaneiro de 1983 comezan unhas conversacións de paz entre o [[PSOE]], [[PNV]] e [[Herri Batasuna]] <ref>http://elpais.com/diario/1983/01/18/espana/411692405_850215.html</ref>. En abril dese mesmo ano celebráronse na madrileña [[serra de Guadarrama]] reunións secretas entre membros do [[Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra|PSE-PSOE]] e membros do goberno socialista: [[Ricardo García Damborenea]], [[José Barrionuevo]], [[Rafael Vera]], [[Ramón Jáuregui]], [[José María Benegas]] e [[Julián Sancristóbal]] nas que acordaron secuestrar a membros de [[ETA]] <ref>http://elpais.com/diario/1996/01/05/espana/820796419_850215.html</ref>. No mes de xullo, membros do [[CESID]], liderados polo coronel [[Perote]], redactaron o que se coñece como acta fundacional dos GAL na que se analiza as vantaxas e desventaxas da guerra sucia <ref>http://elpais.com/diario/2000/02/17/espana/950742030_850215.html</ref>.
 
== Actuacións ==
Liña 25:
As primeiras vitimas do ano 1984 foron Vicente Perurena Telletxea e Angel Gurmindo Lizarraga "Stein" que foron atacados por membros dos GAL en Hendaia, Francia o 8 de febreiro <ref>http://inmemoriampropax.blogspot.com.es/2011/02/angel-gurmindo-lizarraga-y-vicente.html</ref>. Tamén en Francia o día 25 foi asasinado Eugenio Gutiérrez Salazar "Tigre" <ref>http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/los-gal-asesinan-al-militante-de-eta-eugenio-gutierrez-salazar-tigre-al-dia-siguiente-del-asesinato-de-enrique-casas/</ref>. No transcurso deste ano seguen a sucederse númerosos atentados contra membros de ETA como o presunto dirixente Javier Pérez Arenaza Fogorb <ref>http://elpais.com/diario/1984/03/24/espana/448930803_850215.html</ref>. Pero tamén realizan diversos asasinatos ou torturas a persoas de fora da contorna da ETA, como o secuestro dos membros dos comités antinucleares Xavier Lorenzo e Endica Lorenzo <ref>http://verdes.info/los-gal-y-sus-victimas-xavier-lorenzo-y-endica-lorenzo-miembros-de-los-comites-antinucleares/</ref>. A lista dos asasinados polos ''GAL'' en 1984 continúa con Jean Pierre Leiba(traballador ferroviario), Rafael Goikoetxea (membro de ETA), Tomás Pérez Revilla (membro de ETA), Ramón Orbe (membro de ETA), Christian Olaskoaga (non tiña relación con ETA) e Santi Brouard (concelleiro). A esta lista ademais hai que sumar os feridos nos tiroteos ou atentados.
 
A primeira vítima mortal do ano 1985 foi o fotógrafo do diario Egin, Xabier Galdeano <ref>https://issuu.com/patrivr/docs/xabier_galdeano</ref> .Pero antes desta data, houbo máis atentados no que o número de vítimas que non son membros de ETA é considerabel: Xabier Manterola (dirixente de Herri Taldeak), Christian Casteigts, Benoit Pecasteing e Marc Mutio. A segunda vítima mortal do ano 1985 foi ,o 26 de xuño en [[Baiona, Francia|Bayona]], Santos Blanco Gonzalez "Aitite" presunto membro de ETA <ref>http://inmemoriampropax.blogspot.com.es/2011/06/santos-blanco-gonzalez-aitite.html</ref>. Días despois os ''GAL'' de novo asasinan a persoas que non teñen relación con ETA, Emile Weiss e Claude Doer son tiroteados nun bar de [[Ciboure]] e o 31 de agosto Dominique Labeyrie en [[Saint-Jean-de-Luz]] F<ref>http://www.outono.net/elentir/2010/11/11/la-sombra-de-los-gal-persigue-al-psoe/</ref>. O mes de setembro tivo numerosas vítimas xa que foron asasinados os presuntos membros de ETA Juan Manuel Otegui, José Mari Etxaniz Maiztegi "Potros", Iñaki Asteasuinzarra Pagla, Agustín Irazustabarrena Urruzola "Legra" e Sabin Etxaide Ibarguren "Eskumotza".
 
No ano 1986 os ''GAL'' realizaron varias accións pero ningunha contra membros de ETA. O 6 de xaneiro morre Robert Caplanne tras as feridas provocadas por un atentado en [[Biarritz]]. Karmele Martínez, Federick Haramboure e Nagore Otegui, filla de Juan María Otegui de tan só tres anos de idade, son tiroteados nun bar de Bayona, os tres sobreviven <ref>http://elpais.com/diario/1986/02/10/espana/508374015_850215.html</ref>. Christophe Matxikote e Catherine Brion son asasinados o 17 de febreiro <ref>http://inmemoriampropax.blogspot.com.es/2012/02/cristophe-machicotte-y-catherine-brion.html</ref>.