Diferenzas entre revisións de «Constantino García»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios using AWB)
Logo de formarse nas universidades de [[Universidade de Oviedo|Oviedo]], Madrid e Bonn, en [[1965]] chegou á [[Universidade de Santiago]] para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do [[Instituto da Lingua Galega]] en [[1971]] e do [[Centro Ramón Piñeiro]] en [[1993]], e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En [[1982]] ingresa na [[Real Academia Galega]], entidade da que foi secretario entre [[1997]] e [[2001]].
 
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na [[Televisión de Galicia]] do programa ''[[Cousas da lingua]]'', un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do [[Atlas Lingüístico Galego]] e de diversas obras [[lexicografía|lexicográfica]]s.
 
Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo<ref>[http://www.vieiros.com/nova/69847/finou-constantino-garcia-fundador-do-ilg-e-do-centro-ramon-pineiro Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro], [[Vieiros]], 24/10/2008</ref>, retirouse da actividade cultural e intelectual.
7.964

edicións