Club Deportivo Zalaeta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎Anos '80: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Liña 35:
Coa fundación da [[Federación Galega de Rugby]] en [[1983]], creouse por vez primeira unha liga autonómica, como había noutras rexións de [[España]] dende había anos. Nesta primeira edición da liga galega de rugby inscribíronse 5 equipos: o [[Club de Rugby Arquitectura Técnica|CRAT]] da [[A Coruña|Coruña]], o Marina de [[Ferrol]], o CDU de [[Santiago de Compostela]], o Bocoi de [[Vigo]] e o CD Zalaeta.
 
No ano [[1984]] o club acadou o primeiro campionato galego celebrado en categoría xuvenil, polo cal participou deseguido no campionato de España, caendo na primeira rolda fronte ó [[CD Lourdes]] de [[Valladolid]] (equipo que tres anos máis adiante sería refundado como o actual [[VRAC]]). Aquel encontro tivo moita repercusión no rugby coruñés xa que foi a primeira actividade a nivel nacional dun club de rugby da cidade, e o CD Lourdes era un equipo de primeiro nivel, cuxo primeiro equipo contaba contiña algúns xogadores internacionais. O adestrador do CD Zalaeta naquel ano era Jorge Carman, un antigo xogador que tiña experiencia no CR Olivos arxentino.
 
No ano [[1985]] a sección de rugby quedou como única actividade do club, desaparecendo tódalas demais seccións deportivas. Nese mesmo ano o equipo senior acadou o subcampionato na liga galega, cun dos equipos máis competitivos do club na súa historia, debido a que varios xogadores de equipos de [[Liga Española de rugby|División de Honra]] estaban facendo o [[servizo militar]] na cidade herculina, razón pola cal xogaban ese ano co club. O equipo Marina de Ferrol privou ó CD Zalaeta do título no último encontro. Nese encontro, a pesar de perder, o equipo coruñés empatou na clasificación cos ferroláns, polo que se debería ter xogado un encontro de desempate, mais as lesións levaron ó Zalaeta a renunciar, perdendo dese xeito o título.