Diferenzas entre revisións de «Empréstito»

Arranxos
m (engado a Categoría:Economía mediante HotCat)
(Arranxos)
Un '''empréstito''' é unha forma de captar diñeiro do público por parte das [[Banco|entidades de crédito]], que emiten neste caso un conxunto de valores en serie que a xente pode comprar. A cambio, a entidade comprométese a devolver o diñeiro no prazo e cos intereses pactados. Parécese a un [[depósito a prazo fixo]], pero a diferenza reside en que nun empréstito a débeda que asume a entidade está representada por un valor cuxa propiedade pode ser transmitida libremente, a saber, que se pode comprar ou vender. Estes valores chámanse títulos de [[renda fixa]], porque quen os posúen reciben uns intereses fixados de antemán, a diferenza do que ocorre coa [[renda variable]].<ref name="BDE2">[http://www.bde.es/clientebanca/productos/emprestitos/quees/quees.htm ¿Qué es un empréstito?] Web do Banco de España. Consultado o 11 de novembro de 2014.</ref>
 
Non só as entidades de crédito emiten renda fixa, senón tamén outras empresas tales como compañías eléctricas, de autoestradas ou de telecomunicacións. O Estadoestado a través do [[Tesourotesouro Públicopúblico]] tamén emite empréstitos que chama [[Débedadébeda Públicapública]].<ref name="BDE2" />
 
== Empréstito a un Estadoestado ou goberno ==
Segundo o autor Adolfo Arrioja Biscaíño, chámase empréstito ao crédito ou financiamento outorgados a un goberno por un Estadoestado estranxeiro, por organismos internacionais de crédito (Fondo Monetario Internacional, Banco Interamericano de Desenvolvemento, Eximbank, Banco Mundial etc.), por institucións privadas de crédito estranxeiras ou por institucións nacionais de crédito para a satisfacción de determinadas necesidades presupuestais, que xeran para o goberno receptor, a obrigación a un certo prazo, de restituílos engadidos cunha sobreprima por concepto de intereses e cuxo conxunto, axuntado a outras disposicións crediticias (emisión de bonos, moratorias e indemnizacións diferidas por expropiación e nacionalizacións), forma a débeda pública dun país.<ref name="Ángel2">[http://www.angeleditor.com/documentos/ARDPRST.doc Los ingresos del Estado. Ingresos financieros.] Adolfo Arrioja Vizcaíno citado por Willy Earl Vega Ramírez en ''Análisis del riesgo de la desaparición del Principio de Relatividad de la Sentencia en materia Tributaria'', Capítulo I ''La Rectoría del Estado y el derecho financiero'', I.4 ''Los ingresos del Estado'', I.4.2 ''Ingresos financieros''. Ángel Editor, 2004.</ref>
 
Os empréstitos poden negociarse a curto, medio ou longo prazo; de acordo fundamentalmente coa capacidade de pago do receptor e cos seus requirimentos monetarios.<ref name="Ángel2" />
9.277

edicións