Germaine de Staël: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Receloso > receoso.
Liña 20:
Durante a [[Revolución francesa]] tomou parte activa apoiando a [[Talleyrand]], pero trala caída da monarquía en [[1792]] abandonou Francia e viaxou a Suíza. Alí volveu contactar con [[Benjamin Constant]], ao que coñecera nunha viaxe anterior e co que tivera relacións sentimentais até [[1808]]. Os seus primeiros ensaios e a súa novela ''Delphine'', na que defende a liberdade de elección sentimental sobre os convencionalismos sociais, sitúana dentro do nacente movemento do [[Romanticismo]].
 
En [[1797]] regresou a París e sentiuse fascinada pola figura de [[Napoleón Bonaparte]]. Porén, este mostrouse recelosoreceoso ante unha muller dedicada á política, que participaba en intrigas palaciegas e ante a que se evidenciaba a súa escasa elocuencia. Ao situarse ademais o seu amante Benjamin Constant na oposición, en [[1803]] Napoleón instou a Madame de Staël a afastarse de París, manifestándose inflexible ás peticións das súas amizades para que lle permitise regresar. Tras enviuvar en [[1802]], casou en segundas nupcias con Albert de Rocca, alcumado familiarmente ''John'', un mozo militar suízo.
 
Madame de Staël estableceuse entón en [[Coppet]], aínda que efectuou numerosas viaxes. Trasladouse a [[Alemaña]], onde visitou a [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]] e [[Friedrich Schiller|Schiller]] en [[Weimar]], e a [[Viena]], onde coñeceu e editou a [[Charles-Joseph de Ligne]]. Trasladado a Coppet o seu «salón», nel eran habituais algunhas das figuras máis importantes da súa época como [[Jeanne Françoise Julie Adélaïde Récamier|Madame Récamier]], Benjamin Constant ou [[Mathieu de Montmorency]]. Trala [[Restauración francesa|Restauración]] regresou a Francia, onde morreu en [[1817]].