Partos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
 
=== Baixo os seléucidas ===
[[Ficheiro:Napoli BW 2013-05-16 16-24-01.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Alexandre Magno|Alexandre]] combate contra o rei persa [[Darío III]] na [[batalla de Issos]]. <br><small>Detalle do mosaico da ''Casa do Fauno de Pompeia''. (Museo Arqueolóxico Nacional de [[Nápoles]])</small>.]]
[[Ficheiro:AndragorasCoinHistoryofIran.jpg|miniatura|250px|esquerda|Moeda de Andrágoras, o último sátrapa seléucida de '''Partia'''. Proclamou a independencia de Partia ao redor do ano [[250]] a.C.]]
 
Despois da morte de Alexandre, na ''[[Partición de Babilonia]]'' do ano [[-323|323]] a.C., Partia converteuse nunha rexión [[seléucida]] con [[Nicanor (sátrapa)|Nicanor]]. Fratafernes, o anterior gobernador, converteuse en gobernador de [[Hircania]].
 
En [[-320|320]] a.C., no ''[[Pacto de Triparadiso]]'', Partia reasignouse a [[Filipo (sátrapa)|Filipo]], anterior gobernador de [[Sogdiana]]. Uns poucos anos máis tarde, a provincia foi invadida por [[Peitón]], gobernador de Media Maior, quen intentou facer gobernador ao seu irmán Eudamo. Peitón e Eudamo foron derrotados, e Partia permaneceu como unha rexión por dereito propio.
 
En [[-316|316]] a.C., Estasander, un vasalo de [[Seleuco I Nicátor]] e gobernador de [[Bactria]] e ao parecer tamén de [[Herat|Aria]] e [[Marxiana]], foi nomeado gobernador de Partia. Durante os seguintes sesenta anos, varios seléucidas serían gobernadores da provincia.
 
En [[-247|247]] a.C., despois da morte de [[Antíoco II Theos]], [[Tolomeo III]] tomou o control da capital seléucida en [[Antioquía]], e "desta maneira deixou o futuro da dinastía seléucida por un momento en cuestión".<ref>Bivar, A. D. H. (2003): "Pre-Islamic History", ''Encyclopaedia Iranica, 11'', New York: Iranica.</ref> Aproveitando a incerteza da situación política, [[Andrágoras (século III a. C.)|Andrágoras]], o gobernador seléucida de Partia, proclamou a súa independencia e comezou a cuñar as súas propias moedas.
 
"Un home chamado [[Arsaces I|Arsaces]], de orixe escita ou bactriana, [foi] elixido líder dos [[Parni]]",<ref>Bivar, A.D.H. (1983), "The Political History of Iran under the Arsacids", in Yarshater, Ehsan, ''Cambridge History of Iran, 3.1'', London: Cambridge Umiversity Press.</ref> uns pobos iranios orientais do val do río Taxen, ao sueste do [[Mar Caspio]].<ref>Lecoq, Pierre (1987): "Aparna"", ''Encyclopaedia Iranica, 2'', New York: Routledge & Kegan Paul, páx. 151.</ref> Despois da secesión de Partia con respecto ao Imperio seléucida e a consecuente perda do apoio militar seléucida, Andrágoras tivo dificultades para manter as fronteiras e, contra o ano [[-238|238]] a.C., baixo o mando de "Arsaces e o seu irmán [[Tirídates I de Partia|Tirídates]]"<ref>Bivar, ''Op. cit.'', páx. 29.</ref> os Parni invadiron Partia e tomaron o control de Astabene (Astawa), a rexión setentrional de aquel territorio, cuxa capital administrativa era Kabuchan.<ref>Bickerman, Elias J. (1983): "The Seleucid Period", in Yarshater, Ehsan, ''Cambridge History of Iran, 3.1'', Cambridge University Press, páx. 19.</ref>
 
Desde [[-250|250]] a.C. a [[-238|238]] a.C. os partos conquistaron, baixo o seu rei [[Arsaces]], as rexións persas do Imperio dos [[seléucida]]s e renovaron desta maneira o [[Imperio persa]].
 
Un pouco despois de que os parni tomaran o resto de Partia a Andrágoras, matárono no proceso. Aínda que unha inicial expedición punitiva dos seléucidas con [[Seleuco II]] non tivo éxito, os seléucidas baixo [[Antíoco III o Grande]] recuperaron o territorio controlado polos arsácidas en [[209]] do sucesor de Arsaces (ou Tirídates), [[Arsaces II]]. Arsaces II pediu a paz e aceptou un status de vasalo,<ref>Bivar, ''Op. cit.'' páx. 29.</ref> e non foi até o tempo do neto de Arsaces II (ou seu sobriño-neto) [[Fraates I de Partia|Fraates I]] cando os arsácidas/Parni comezarían de novo a afirmar a súa independencia.<ref>Bivar, ''Op. cit.'', páx. 31.</ref>
cando os arsácidas/Parni comezarían de novo a afirmar a súa independencia.<ref>Bivar, ''Op. cit.'', páx. 31.</ref>
 
== O Imperio parto ==