Ecbatana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño foto
→‎Historia: Control de autoridades
Liña 7:
Segundo [[Heródoto]], Ecbatana foi capital dos medos desde aproximadamente o [[-750|750 a.C.]]. [[Deioces]] foi escollido rei nesta cidade. A cidade foi capturada por [[Ciro II]], que derrotou a [[Astiaxes]] sobre o [[-549|549 a.C.]] e levouse os tesouros a [[Anshan, Persia|Anshan]]. A cidade foi declarada capital de verán da dinastía e tiña probabelmente o arquivo real. [[Plinio o Vello]] di que a cidade era gobernada polos ''magi'' (magos = sacerdotes). [[Darío I]] fíxose forte en Ecbatana durante a revolta do pretendente medo Fravartes ou [[Fraortes, rebelde|Fraortes]] e, cando foi capturado, foi levado á cidade e foi mutilado e executado ([[-521|521 a.C.]]). [[Artaxerxes II]] erixiu unha estatua de Anahita ou Anauhed na cidade, pero tamén noutras grandes cidades do imperio. O palacio real é descrito por [[Polibio]].
 
[[Alexandre o Grande]] entrou en Persia o [[-331|331 a.C.]] e visitou Ecbatana por dúas veces: a primeira o [[-330|330 a.C.]] cando marchou desde [[Persépole]] en persecución de [[Darío III]] ata Ecbatana, onde capturou o tesouro real; o seu lugartenente [[Parmenio]] quedou na cidade para supervisar as comunicacións, pero foi pronto asasinado por orde de Alexandre; o tesouro ficou na cidade. A segunda vez foi o [[-334|334 a.C.]] e naquela ocasión morreu nela o seu íntimo amigo [[Hefestión]]. As murallas da cidadela serían demolidas (a cidade non tiña murallas exteriores).
 
No [[-328|328 a.C.]] Alexandre substituíu a [[Oxidates]], sátrapa de Media, por [[Atropates]], xeneral e probabelmente gobernador tamén de [[Medos|Media]]. O [[-320|320 a.C.]] na reunión de Triparadiso, Ecbatana e a Media do sur foiforon doadadoadas ao xeneral [[Peitón]]. Un tempo despois Peitón foi executado por [[Antígono]] e substituído por [[Orontobates]], que era iraniano (sobre [[-316|316 a.C.]]) pero talvez a sede da satrapía se trasladara a [[Asadabad]], ao oeste do [[Halvand]] ([[Alvand]]).
 
No [[-305|305 a.C.]] a cidade foi dominada por [[Seleuco I Nicátor]] que a conservou despois do [[-301|301 a.C.]]. [[Antíoco IV Epifanio]] ([[-175|175]]-[[-164|164 a.C.]]) cambioulle o nome a [[Epifania]]. Sobre esta época foi nomeado sátrapa [[Timarco de Mileto]], quen se rebelou contra [[Demetrio I]] ([[-161|161]]-[[-150|150 a.C.]]) e emitiu moeda na cidade. Tamén Demetrio I e [[Alexandre Balas]] ([[-150|150]]-[[-148|148 a.C.]]) emitiron moeda nela.
 
O [[-149|149]] ou [[-148|148 a.C.]] era sátrapa o grego [[Cleomenes, Sátrapa|Cleomenes]]. Despois desta data, entre [[-147|147]] e [[140|140 a.C.]] os [[partos]] ocuparon a rexión. Os partos mantiveron Ecbatana como capital de verán. O [[-130|130 a.C.]] a contraofensiva de [[Antíoco VII]] parouse en Ecbatana. Desde o [[-87|87 a.C.]] a rexión quedou aberta á influencia de Armenia, a cal durou ata o [[-69|69 a.C.]].
 
O [[226]] foi ocupada polos [[sasánidas]] xunto con toda a Media e a [[Atropatene]]. Parece que foi utilizada como capital de verán, pero faltan as evidencies.
 
O [[642]] foi ocupada polos musulmáns e desde entón recibe o nome de [[Hamadán]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Imperio Medo]]
[[Categoría:Persia]]