La Rambla, Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 9:
Sobre o lugar que ocupa La Rambla asentouse un poboado prehistórico no lugar chamado La Minilla, onde hai algúns anos acháronse uns vasos campaniformes con máis de 3.000 anos. Posteriormente asentaríase unha cidade romana que amurallaría a poboación e sobre esta os musulmáns fundarían Al-Ramla (que significa areal). En [[1480]] a tenencia do seu castelo foi outorgada a [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], "O Gran Capitán".
 
Pero o [[6 de febreiro]] de [[1521]] La Rambla viviu o acontecemento histórico máis importante durante o reinado de [[Carlos I de España|Carlos I]], ao reunirse nela as cidades anticomuneiras de [[Andalucía]] para ratificar ao Rei. La Rambla era vila de realengoreguengo pertencente á xurisdición de [[Córdoba, España|Córdoba]]. En [[1647]] [[Filipe IV de España|Filipe IV]] permítelle nomear alcalde maior, pero cinco anos máis tarde a entrega ao [[Gaspar Guzmán Pimentel|Conde-Duque de Olivares]], cuxo herdeiro, o marqués de [[El Carpio]], véndea en [[1677]] aos marqueses de Almodóvar, máis tarde señores de La Rambla.
 
En La Rambla o [[4 de marzo]] de [[1864]] naceu [[Alejandro Lerroux]], que ocupou a presidencia do goberno durante un breve período da [[Segunda República Española]].