Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 327:
</gallery></center>
 
No primeiro terzo deste século XIX merece que recordar tamén o labor de [[Edward Jenner]] ([[1749]] - [[1823]]), descubridor da primeira [[vacina]], a da [[varíola]], que abriu o camiño da [[inmunoloxía]]. Posteriormente [[Scheleiden]] ([[1804]] - [[1881]]) e [[Schwann]] ([[1810]] - [[1895]]) destacaron en [[citoloxía]] e [[histoloxía]] por enunciar a [[teoría celular]]. Máis tarde, en [[microbioloxía]], [[Louis Pasteur]] ([[1822]] - [[1895]]) levou a cabo experimentos definitivos sobre a falsidade da [[xeración espontánea]], descubriu que algúns microorganismos tiñan carácter [[patoloxía|patóxeno]] (ao estudar unha enfermidade que atacaba ao [[verme da seda]]), illou o [[bacilo]] do cólera das galiñas, deduciu o concepto de [[inmunoloxía|inmunidade]] e descubriu a vacina antirrábica; está considerado como o pai da [[bacterioloxía]]. Posteriormente, [[Robert Koch]] ([[1843]] - [[1910]]) illou o microbio que producía o [[carbúnculo]], o [[bacilo da tuberculose]] e o [[vibrio]] do [[cólera]]. En [[1865]], o médico escocés [[Joseph Lister]] ([[1827]] - [[1912]]) descubriu que as infeccións das feridas débense ás bacterias, e en [[1867]] utilizou [[alcohol|fenol]] para crear un ambiente [[bactericida]] nas sás de operacións ([[antisepsia]]). En [[1884]], o médico e bacteriólogo español [[Jaime Ferrán]] ([[1852]] - [[1929]]) descubriu a vacina contra o [[infección|cólera]].
 
A [[bioloxía]] coñece no século XIX profundos cambios co nacemento da [[xenética]], coas [[Leis de Mendel|traballos]] de [[Gregor Mendel]]. En [[1865]], o freire agostiño Gregor Mendel ([[1822]] - [[1884]]) publicou os seus traballos sobre as [[leis de Mendel|leis]] que rexen a [[xenética|herdanza biolóxica]].<ref>Aínda que estes traballos non foron coñecidos plenamente até 1901, grazas ao seu redescubremento por [[de Vires]].</ref> O abandono definitivo do [[vitalismo]], despois da (accidental) [[Síntese química|síntese]] da [[urea]], en [[1828]], a partir de [[amoníaco]] e [[dióxido de carbono]], polo alemán [[Friedrich Wölher]] ([[1800]] - [[1882]], que demostra que os compostos orgánicos obedecen ás mesmas leis fisicoquímicas que os compostos inorgánicos, favorece o desenvolvemento da [[fisioloxía]]. Nesta disciplina destacou o francés [[Claude Bernard]] ([[1813]] - [[1878]]), que pode ser considerado o pai desta ciencia. A mediados do século XIX apareceu por primeira vez o termo [[ecoloxía]] para designar unha nova rama das ciencias biolóxicas. O alemán [[Ernst Haeckel]] ([[1834]] - [[1919]]) foi o introdutor desta palabra e talvez o primeiro que definiu a nova ciencia. Nun traballo publicado en [[1870]] dicía: "''Entendemos por ecoloxía o conxunto dos coñecementos referentes á economía da natureza, a investigación de todas as relacións do animal tanto co seu medio orgánico coma inorgánico''". Tamén a mediados deste século o zoólogo francés [[Étiennne Geoffroy Saint-Hilaire]] ([[1772]] - [[1844]]) propuxo a denominación de [[etoloxía]] para o estudo das relacións dos organismos dentro da familia, da sociedade no seu conxunto e da comunidade.