Diferenzas entre revisións de «Moreira (árbore)»

m
espazo
m (espazo)
O froito chegado é comestíbel e moi usado en tortas e viños. As [[amora]]s da moreira negra, nativa do suroeste de Asia, e as da moreira vermella, do leste de América do Norte, teñen os sabores máis fortes. As amoras da moreira branca, do leste de Asia, moi naturalizadas en todas as rexións urbanas de América, teñen un sabor diferente, ás veces até eslamiado. A froita chegada ten cantidades significativas de [[resveratrol]]. Sábese que a amora inmatura e as partes verdes da planta teñen unha saponina tóxica e um chisco alucinóxena.<ref>[http://www.erowid.org/herbs/mulberry/mulberry_info2.shtml Erowid Mulberry Vault : Hallucinogenic properties]</ref>
 
As amoras negras, vermellas e brancas son cosmopolitas e moi comúns na [[India]], o [[Paquistán]], [[Irán]], ou [[Afganistán]]. A [[árbore]] e maila froita coñécense en [[idioma persa]] coma ''toot'' (amora) ou ''shahtoot'' (amora rei ou superior). [[Marmelada]]s e [[sorbete]]s de amora son comúns nestas rexións. A amora negra levouse á Gran Bretaña no [[século XVII]] coa esperanza de a usar no cultivo do [[verme da seda]] ( ''Bombyx mori''). Foi moi usada en medicina folclórica, especialmente para tratar a [[tiña]].
 
As [[folla]]s da moreira, particularmente as da branca, son ecoloxicamente importantes pois son a única fonte de alimentación do verme da seda, cuxo [[casulo]] úsase para tirar a [[seda]]. Outras larvas de [[Lepidoptera]] tamén a usan como alimento: ''[[Hemithea aestivaria]]'', ''[[Mimas tiliae]]'' ou ''[[Acronicta aceris]]''.
191.799

edicións