Historia da música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
Liña 77:
 
A música clásica hindú inclúe as dúas grandes tradicións da [[música carnática]] do sur e a [[música clásica indostánica]] do norte. Estas tradicións son milenarias e desenvolvéronse ao longo de grandes períodos; hoxe en día seguen vivas e son fundamentais na vida dos hindús como fonte de inspiración relixiosa, expresión cultural e entretemento.
===== China =====
{{Artigo principal|Música taoísta}}
[[Ficheiro:ConcertGroupPano.jpg |miniatura|center|560px|Concerto de música tradicional chinesa con instrumentos da Dinastía Tang]]
A música clásica chinesa é a arte tradicional ou da corte de China. Ten unha longa historia que se remonta a máis de 3.000 anos de existencia. Ten os seus propios sistemas de [[notación musical]], un determinado sistema de [[afinación]], [[altura (música)|alturas]], [[Instrumento musical|instrumentos musicais]] e estilos ou [[xénero musical|xéneros musicais]]. A música chinesa é [[pentatónica]]-[[diatónica]], tendo unha escala de doce notas nunha oitava (5+7=12), o igual que na música europea.
===== Persia =====
[[Ficheiro:Sassanid Music Plate 7thcentury.jpg|miniatura| Músicos da época dos [[Imperio Sasánida|sasánidas]] nun prato do século VII ([[British Museum]]).]]
A música persa é a música de [[Persia]] e dos países de [[lingua persa]]. '' Musiq '', é a ciencia e a arte da música, e '' Muzik '', o son e a interpretación da música. Os iranianos antigos daban gran importancia á música e a poesía, como aínda fan na actualidade.
 
== Notas ==