Retrato do artista cando novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Pubertade > puberdade.
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
Nela dáse conta do espertar relixioso e filosófico do protagonista, Stephen Dedalus, o ''[[alter ego|álter ego]]'' ficticio do escritor. O personaxe cuestiona os principios católicos asentados en [[Irlanda]] baixo os que foi educado e culmina a súa rebelión contra os mesmos co seu exilio no continente europeo.
 
Esta obra provén doutra anterior proxectada en 1903 baixo o título de ''Stephen Hero'', unha novela autobiográfica de Joyce. Porén, o autor mudou a estrutura desta primeira novela e a reconverteu na que finalmente sería publicada en 1916 cun novo enfoque que permite adentrarseinternarse na consciencia de Dedalus. ''Retrato do artista cando novo'', xunto coa compilación de historias curtas publicada en 1914, ''[[Dublineses]]'', valeulle a James Joyce a consideración como un dos mellores escritores do Modernismo da literatura en lingua inglesa e un dos máis infuentes do século XX.
 
== Sinopse ==
A obra relata a infancia e adolescencia de Stephen Dedalus e permite ao lector adentrarseinternarse na súa consciencia e sentir. A través dunha serie de episodios da súa vida, o lector pode aprecia-los medos e preocupacións do protagonista e a súa forma de entede-lo mundo.
 
A infancia de Dedalus transcorre no colexio e internado [[xesuíta]] Clongowes Wood College<ref>[http://clongowes.net/ Conglowes Wood College] Páxina oficial do colexio {{En}}.</ref>, onde ensinan aos alumnos as regras do bo comportamento. O protagonista destaca na clase pola súa intelixencia e sofre as mofas dos seus compañeiros. Nesta primeira parte do libro onde se relata a infancia do artista destaca a cea de Navidade na que o neno volve a casa coa súa familia. Toda a conversa da noite versa sobre temas políticos e relixiosos de grande relevancia que afectan ao país na época. A figura de [[Charles Stewart Parnell]]<ref>[http://www.bbc.co.uk/history/historic_figures/parnell_charles.shtml/ Biografía de Parnell] BBC History {{En}}</ref> é amplamente discutida e amosa a profunda división de opinión entre dous dos membros da familia. Esta división sementa en Stephen dúbidas sobre a confianza nas institucións públicas.