Feminismo radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''feminismo radical''' é unha corrente [[Feminismo|feminista]] que sostén que a raíz da [[desigualdade social]] e [[Desigualdade económica|económica]] en todas as sociedades ata agora existentes foi o [[patriarcado]], a dominación do varón sobre a muller.<ref>Willis, ''Radical Feminism and Feminist Radicalism'', p. 117.</ref> Esta perspectiva céntrase nas [[Relación de poder|relacións de poder]] que se organizan na sociedade, construíndo a supremacía masculina, entre outras cuestións debido ao papel reprodutivo da muller e o varón. Denomínase feminismo radical porque se propón buscar a raíz da dominación.<ref>Puleo, Alicia. «Lo personal es político: el surgimiento del feminismo radical». ''Teoría feminista: de la Ilustración a la Globalización. Amorós, Celia Y de Miguel, Ana (Eds.)''.</ref>
 
Esta corrente que buscaprocura unha reorganización da sociedade na cal a supremacía masculina sexa eliminada en todos os contextos sociais e económicos.<ref name=":0"> ([[Radical feminism#Willis|Willis 1984]], p. 117)</ref> As feministas radicais buscan abolir o patriarcado desafiando as normas e institucións sociais existentes, máis que a través dun proceso puramente político. Isto inclúe a eliminación da noción tradicional dos [[Rol de xénero|roles de xénero]], a oposición da [[Cousificación sexual da muller|cousificación sexual das mulleres]] e a sensibilización da poboación sobre cuestións como a [[violación]] e a [[violencia contra a muller]].
 
O feminismo radical temperán, cuxas orixes pódense situar na [[segunda onda feminista]] dos 60,<ref>([[Radical feminism#Willis|Willis 1984]], p. 118)</ref> consideraba o patriarcado como un «fenómeno transhistórico»<ref>([[Radical feminism#Willis|Willis 1984]], p. 122)</ref> anterior e máis profundo ca outras fontes de [[opresión]], «non só o xeito máis antigo e máis universal de dominación, senón a forma primaria»<ref name=":1">([[Radical feminism#Willis|Willis 1984]], p. 123)</ref> e o modelo para todos os demais.<ref name=":1" /> Máis tarde, a política derivada do feminismo radical variou dende o [[feminismo cultural]]<ref name=":0" /> ata a política máis sincrética que relacionou as cuestións de clase, economía etc. co patriarcado, todas elas fontes de opresión.<ref>([[Radical feminism#Willis|Willis 1984]], p. 141)</ref>