Pedro, conde de Barcelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:D. Pedro Afonso, Conde de Barcelos - The Portuguese Genealogy (Genealogia dos Reis de Portugal).png|miniatura|dereita|250px|Miniatura do século XVI que representa a Pedro Afonso de Portugal.]]
 
'''Don Pedro Afonso, Condeconde de Barcelos''', nado en [[1287]] e finado en [[Lalim]] en [[1354]], foi un nobre [[Portugal|portugués]], segundo algunhas fontes o primeiro [[ilexitimidade|fillo natural]] de [[DinisDinís de Portugal|D. DinisDinís]] e de D.ª Gracia Froes (de identificación insegura). Poeta e [[Trobadorismo|trobador]] como seu pai, tivo un papel de relevo na vida política e sobre todo cultural do seu tempo, ficando a deberlle unha boa parte dos máis importantes textos da literatura medieval galego-portuguesa.
 
== Traxectoria ==
O seu primeiro e breve [[casamento]] con D.ª Branca Peres, herdeira de grande parte da fortuna dos [[Sousa (apelido)|Sousa]], tornouno, á súa morte ([[1305]]), un dos homes máis ricos do reino. Ese estatuto foi consolidado co segundo casamento, coa [[Reino de Aragón|aragonesa]] D.ª Maria Ximenes, de quen no entanto se separaría a curto prazo, por desentendementos varios. Viviu o resto da súa vida con D.ª Teresa Anes, a súa concubina, e non tivo descendencia.
 
Exiliado en [[Reino de Castela|Castela]] por motivos relacionados co conflito que opuxo a D. DinisDinís co [[príncipe herdeiro de Portugal|príncipe herdeiro]] [[Afonso IV de Portugal|D. Afonso]], tomou contacto coas actividades culturais da corte castelá, que prolongaba o intenso labor do seu bisavó [[Afonso X de León e Castela]], ''o Sabio''.
 
Regresado do exilio en [[1322]], retomou a posesión de todos os seus bens, que foran confiscados. Pouco despois da morte de seu pai ([[1325]]), afastouse gradualmente da corte do medio irmán, con quen entra en disidencia (a pesar de que participara ao seu lado na [[Batallabatalla do Salado]] en [[1340]]). Refuxiouse nos seus pazos de [[Lalim]], que transformou nun centro cultural importante. É de aí que está datado o seu [[testamento]] (marzo de [[1350]]) e onde morreu, en [[1354]]. Xace sepultado no Conventoconvento de São João de [[Tarouca]], nun túmulo decorado nos laterais con escenas de [[cinexética|caza]] do [[xabaril]].
 
== Legado ==
O legado cultural do [[Condeconde de Barcelos]] é un dos máis importantes da [[Idade Media]] [[Península Ibérica|peninsular]]. D. Pedro foi certamente o compilador (ou polo menos o último compilador) das cantigas dos [[Trobadorismo|trobadores galego-portugueses]]. No seu testamento deixa ub ''Livro de Cantigas'' ao seu sobriño, [[Afonso XI de Castela]], que se pensa é o arquetipo dos [[cancioneiros]] [[manuscritos]] que chegaron até nós; ese cancioneiro nunca chegou á posesión de [[Afonso XI]] e non se sabe do seu paradeiro. Excelente trobador, D. Pedro deixou catro [[cantigas de amor]] e seis [[cantigas de escarnio]], onde o humor (coa malicia característica do xénero) se alía a un notábel sentido rítmico e musical.
 
De Lalim terían aínda saído dúas outras obras fundamentais da historia e cultura galego-portuguesas. Unha é o chamado ''[[Livro de Linhagens do conde D. Pedro]]'' (1340-1344), unha recompilación da xenealoxía das principais familias nobres de Portugal inseridas no contexto peninsular e universal. A outra obra debida ao conde é a ''[[Crónica Geral de Espanha de 1344]]'', unha crónica histórica en que é descrita a historia dos varios reinos ibéricos e da [[Reconquista]], enfatizándose o papel dos reis portugueses na cruzada contra o [[Islám]]. Os dous libros son de alta cualidade narrativa e representan puntos altos da prosa medieval galego-portuguesa.