Batalla de Okinawa: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 50:
== Batalla naval ==
[[Ficheiro:USS Bunker Hill
Á Frota Británica do Pacífico asignóuselle a tarefa de neutralizar os aeródromos xaponeses da illa Sakishima, o que fixo con éxito do [[26 de marzo]] até o [[10 de abril]]. O 10 de abril a súa atención desprazouse aos aeródromos no norte de [[Taiwán|Formosa]]. A forza retirouse á Baía de San Pedro o [[23 de abril]]. O [[1 de maio]] a Frota Británica do Pacífico volveu á acción e atacou de novo os aeródromos. Os portaavións sufriron varios ataques de kamikazes, pero grazas ás cubertas de voo blindadas, estes non sufriron danos irreparables e só experimentaron unha breve interrupción nas súas misións.<ref>Hastings (2007), p. 401.</ref>
Nos tres meses de batalla de Okinawa, os xaponeses voaron en 1900 misións kamikaze, afundindo a ducias de barcos aliados e matando máis de 5.000 mariñeiros estadounidenses, a conta de 1465 avións kamikaze perdidos (outros 2200 avións xaponeses e 763 avións de estadounidenses tamén foron destruídos, incluso durante a batalla en terra). Os buques que se perderon foron os máis pequenos, en particular os destrutores da primeira liña de defensa, así como destrutores de escolta e buques de desembarco. Se ben os aliados non perderon ningún dos seus portaavións, algúns deles resultaron severamente danados. [[Lancha motora|Lanchas motoras]] con base en terra tamén foron utilizadas nos [[Ataque suicida|ataques suicidas]] dos xaponeses. A prolongada duración da campaña baixo condicións de estrés forzou ao [[Almirante]] [[Chester W. Nimitz]] a dar un paso sen precedentes: relevou os principais comandantes navais para que puideran descansar e recuperarse. A frota cambiou a súa denominación co relevo dos comandantes navais; así comezara a campaña como 5.ª Frota, comandada polo Almirante [[Raymond Spruance]], e finalizouna como 3.ª Frota comandada polo Almirante [[William F. Halsey]].
|