Manuel Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ dato desde Couceiro Freijomil, DBBE
Liña 26:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Rosalía e familia por Juan Palmeiro e fillos, A Matanza. 1883-4.jpg|miniatura|esquerda|Murguía, Rosalía e os fillos.]]
Manuel Murguía era fillo de Concepción Murguía Egaña e Juan Martínez de Castro. EsteNaceu en Froxel cando a súa nai ía ao santuario da Virxe de [[Pastoriza, Arteixo|Pastoriza]]. O seu pai era farmacéutico na rúa Garás da [[A Coruña|Coruña]] e estableceuse despois, seguramente en 1837, en [[Santiago de Compostela]]. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do [[23 de abril]] de [[1846]], que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.
[[Ficheiro:Santiago, Casa de Murguía 01-01.JPG|miniatura|esquerda|Placa na casa na que viviu en Santiago.]]
 
A partir de [[1845]] comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en [[1850]], e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba no contorno do "[[Liceo de la Juventud]]", onde se daban cita estudantes e intelectuais como [[Eduardo Pondal]], [[Aurelio Aguirre]] e [[Rosalía de Castro]].