Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/sereno
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 94:
O [[barroco]] desenvolveuse entre o [[século XVII]] e comezos do [[Século XVIII|XVIII]]. A arte volveuse máis refinada e ornamentada, con pervivencia dun certo racionalismo clasicista pero con formas máis dinámicas e efectistas, con gusto polo sorprendente e anecdótico, polas ilusións [[óptica]]s e os golpes de efecto.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Azcárate Ristori|Pérez Sánchez|Ramírez Domínguez|1983|pp=479-480.}}</ref> Durante o barroco seguiu predominando o espido feminino, como obxecto de pracer do mecenas aristocrático, que se recreaba neste tipo de composicións, onde xeralmente a muller tiña un papel subordinado ao home.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Newall|2009|pp=30-31.}}</ref>
 
O barroco tivo como principal heraldo do espido a [[Peter Paul Rubens]], cuxas figuras femininas robustas e dunha carnal sensualidade marcaron época no concepto estético de beleza do seu tempo, con obras como ''[[As tres Grazas (Rubens)|As tres Grazas]]'' (1636-1639) ou o ''[[Xuízo de Paris (Rubens)|Xuízo de Paris]]'' (1639). Autor de máis de dous mil cadros, quizais sexa o artista que máis espidos representou na historia.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=200.}}</ref> No lado oposto ao idealismo de Rubens sitúase a obra de [[Rembrandt]], herdeiro das formas redondeadas do espido nórdico de orixe gótica, con figuras tratadas de forma realista, igual de exuberantes cás de Rubens pero máis mundanas, sen disimular os pregues da carne ou as engurras da pel, cun patetismo que acentúa a crúa materialidade do corpo, no seu aspecto máis humillante e lastimoso.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=326-329.}}</ref> En Italia destacou a obra de [[Gian Lorenzo Bernini]], arquitecto e escultor que escenificou o boato da Roma papal dunha forma suntuosa e grandilocuente, e cuxas obras expresan o movemento dinámico e sinuoso tan propio do barroco, como no seu ''[[David (escultura de Bernini)|David lanzando a súa fonda]]'' (1623-1624) ou ''[[Apolo e Dafne (escultura de Bernini)|Apolo e Dafne]]'' (1622-1625). Outro gran creador foi [[Caravaggio]], que iniciou un estilo coñecido como naturalismo ou [[caravaggismo]], baseado na estrita realidade natural e caracterizado pola utilización do [[claroescuro]] ([[tenebrismo]]) en arasprol de conseguir efectos dramáticos e sorprendentes grazas á interacción entre luces e sombras.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|pp=214-215.}}</ref>
 
Entre Italia e Francia orixinouse outra corrente denominada [[Pintura clasicista|clasicismo]], igualmente realista pero cun concepto da realidade máis intelectual e idealizado, e onde a temática mitolóxica era evocadora dun mundo de perfección e harmonía, parangonable á [[Arcadia]] romana. Iniciouse na [[Escola Boloñesa]], da man de [[Annibale Carracci]], destacando igualmente [[Guido Reni]], [[Francesco Albani]] e [[Nicolas Poussin]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=216.}}</ref> España seguiu sendo nesta época un país artisticamente casto e recatado, onde o espido víase con ollos pudorosos, sendo predominantemente de tema relixioso, como se percibe na obra de [[Francisco Ribalta]], [[José de Ribera]], [[Francisco Zurbarán]], [[Gregorio Fernández]] e [[Pedro de Mena]]. Algo máis de liberdade tivo [[Diego Velázquez]], sen dúbida polo seu posto como pintor real, polo que puido efectuar máis espidos ca calquera outro artista español do seu tempo, destacando a ''[[Venus do espello]]'' (1647-1651), un dos espidos máis magníficos e afamados da historia.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|p=357.}}</ref>