Partido Socialista Obrero Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de Imperator 91 (conversa); cambiado á última versión feita por Iloveread0102
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 61:
 
=== Tras a transición á democracia ===
A renovación ideolóxica e política iniciada a comezos dos setenta e culminada no [[Congreso de Suresnes]] en [[1974]], que se impuxo ao PSOE do exilio que dirixía Rodolfo Llopis o PSOE do interior dirixido por Felipe González e unha nova xeración de socialistas, co apoio e a solidariedade da [[Internacional Socialista]], puxo ó PSOE en condicións de ser protagonista activo da transición e lle permitiu converterse no primeiro partido da oposición nas primeiras eleccións democráticas de [[1977]]. O apoio obtido polos socialistas e por quen propoñían un proceso materialmente constituínte, evitou que se impuxeran os que pretendían as reformas das institucións da ditadura. O PSOE, coas súas propias achegas e con algunha expresa renuncia de algúns dos seus postulados sensibles en arasprol do acordo colectivo, contribuíu decisivamente a alcanzar o consenso do que xurdiría a actual [[Constitución española de 1978]]. Dende a oposición cooperou no desenvolvemento inicial da mesma, e articulou unha alternativa política da que se nutrirían moitos dos seus futuros proxectos.
 
Tras o intento golpista de [[1981]] o PSOE asumiu, dende a oposición, o liderado alternativo de goberno, contribuíndo decisivamente á estabilidade política, á consolidación da transición, ó afianzamento da democracia, fortalecendo así as expectativas de troco.