Monumento a Washington: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Monumento a Washington"
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 8:
Washington retirouse á súa plantación en [[Mount Vernon]] despois da guerra, mais axiña tivo que decidir sobre a súa volta á vida pública. Fíxose evidente que os [[Artigos da Confederación]] (''Articles of Confederation'') deixaran o goberno federal moi debilitado, sen poder subir os [[Imposto|impostos]], regular o [[comercio]] ou controlar as [[Fronteira|fronteiras.]] Moitos como [[James Madison]] empezaron a pedir unha convención que aumentase a forza do goberno. Washington non tiña moitas ganas de ir, xa que tiña asuntos de negocios en Mount Vernon. Finalmente decidiu ir, xa que "ver a nación contenta... é o desexo da miña alma", e así traballou como representante de Virxinia. Durante o verán de 1787 o resto de delegados elixírono para presidir as deliberacións que, finalmente, darían lugar á [[Constitución dos Estados Unidos de América]].<ref group="nota">{{Cita publicación periódica|título=The Washington Monument: Tribute in Stone|url=http://www.cr.nps.gov/nr/twhp/wwwlps/lessons/62wash/62wash.htm|editorial=National Park Service, ParkNet}}</ref>
[[Ficheiro:DC_mall_lincoln-enhanced.jpg|miniatura|O Monumento a Washington vese reflectido no "encoro do reflexo" (''Reflecting Pool''), un [[Estanque|en]]<nowiki/>coro rectangular alongado cara ao oeste, en dirección ao Monumento a Lincoln.]]
Unha parte craveclave da constitución foi o establecemento do cargo de [[Presidentes dos Estados Unidos de América|presidente dos Estados Unidos.]] Ninguén parecía máis cualificado para o posto que Washington, e en 1789 comezou o primeiro dos seus dous mandatos. Usou o respecto que o seu pobo lle tiña para desenvolver o respecto cara ás súas novas funcións, aínda que ao mesmo tempo tentou acalar os medos daqueles que consideraban que o poder do presidente converteríase en tan forte como o do rei contra o que loitaran. Así tentou crear o tipo de goberno sólido que creu que a nación necesitaba, apoiando un banco nacional, recollendo impostos para pagar os gastos, e fortalecendo o Exército e a Armada. Aínda que moita xente quixo que quedase un terceiro mandato, en [[1797]] retirouse outra vez a Mount Vernon.<ref group="nota">{{Cita publicación periódica|título=The Washington Monument: Tribute in Stone|url=http://www.cr.nps.gov/nr/twhp/wwwlps/lessons/62wash/62wash.htm|editorial=National Park Service, ParkNet}}</ref>
 
Washington morreu de súpeto dous anos máis tarde. A súa morte provocou gran tristura, e xurdiron os intentos de lle honrar. Xa en 1783, o [[Congreso Continental]] decidiu «Que fose erixida unha estatua ecuestre de George Washington no lugar onde se establecese a residencia do Congreso». A proposta proclamaba gravar na estatua: «en honra de George Washington, o ilustre comandante do Exército dos Estados Unidos de América durante a guerra que xustificou e asegurou a súa liberdade, soberanía e independencia». Aínda que é doado entender porque non ocorreu nada mentres o goberno non tivo unha sede permanente, tampouco houbo progresos cando o Congreso estableceuse en Washington D. C.<ref group="nota">{{Cita publicación periódica|título=The Washington Monument: Tribute in Stone|url=http://www.cr.nps.gov/nr/twhp/wwwlps/lessons/62wash/62wash.htm|editorial=National Park Service, ParkNet}}</ref>