Joaquín Sabina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4244542 de Unhanova (conversa)
Liña 60:
=== O éxito multitudinario ===
[[Ficheiro:Joaquin Sabina in concert 5.jpg|miniatura|Joaquín Sabina durante un concerto. Ó fondo, [[Antonio García de Diego]].]]
Os éxitos comezaron a sucederse coa publicación dos seus seguintes LPs. En [[1987]] consolidou o seu éxito coa venda de máis de 400.000 copias de ''[[Hotel, dulce hotel]]''. A súa antiga compañía vendo o éxito do artista, decidiu editar, sen o seu consentimento, un recompilatorio ao que titulou ''Joaquín Sabina y todos sus éxitos''. Deixou de actuar co grupo Viceversa e asociouse con [[Victor Claudín]] e [[Pedro Sauquillo]] para dirixir a sala de concertos ''Elígeme'', no [[Malasaña|barrio de Malasaña]] de Madrid. En [[1988]] editou ''[[El hombre del traje gris]]'', que meses máis tarde presentou na praza de touros de [[Las Ventas]] de Madrid. AActo seguirseguido realizou unha multitudinaria xira por [[México]], [[Arxentina]] e [[Venezuela]]. Nese traballo incluíu a banda sonora, escrita por Joaquín xunto a [[Pancho Varona]], retocada da película ''Sinatra'', dirixida por [[Francesc Betriu|Paco Betriu]], e protagonizada por [[Alfredo Landa]] e [[Maribel Verdú]]. Sabina aparecía nun papel secundario. Ese mesmo ano produciu un álbum dobre de [[Los Chichos]]. Tempo máis tarde conseguiu o divorcio de Lucía, a súa muller.
 
En [[1989]] fundou xunto a Pancho Varona, convertido no seu inseparable guitarrista, Ripio, empresa editorial coa que a partir dese momento rexistrará todas as súas cancións. Neste mesmo ano, o [[16 de xaneiro]], Joaquín foi pai por primeira vez, tendo unha filla, Carmela Juliana, froito da súa relación con Isabel Oliart. Outra vez a súa antiga discográfica, e unha vez máis sen o consentimento do artista, editou outra compilación: ''Mucho Sabina''.