Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4244508 de Unhanova (conversa)
Liña 462:
Un día despois, o [[24 de maio]], Xoana foi trasladada preto da [[abadía de Saint Ouen]], ao cemiterio que había á beira. Loisileur, un dos que apostara forte pola súa tortura, mostrouse esta vez tamén bastante caritativo e cando chegaron fíxolle o seguinte comentario «Xoana, creeme, se queres a túa vida pódese salvar. Toma este vestido de muller e fai todo aquilo que se che diga; doutro xeito estás en perigo de morte» logo destas súplicas, e mentres os ingleses se frotaban as mans habendo conseguido reunir unha masa de xente; todos escoitaron o pequeno sermón por parte de [[Guillaume Erard]], que leu unhas pasaxes de Xoán, concretamente os 15:6. Seguidamente comezou a blasfemar contra o rei de Francia, Carlos VII, dirixíndose directamente a Xoana, que logo de ver como o home repetía unha e outra vez as críticas con soberbia apuntándoa co dedo, non se mordeu a lingua e respondeu interrompéndoo: «Non faledes do meu rei. Rétoche a dicir e xurar, na miña vida, que el é o máis nobre de todos os cristiáns, quen mellor estima a fe e a Igrexa, e non é como ti dis»
 
Naquel momento, Xoana cortara o sermón de Erard, que quedou atónito e púxose nervioso. Xoana fixo outra referencia a Deus, que era por que o facía todo pasando polo papa de Roma. AActo seguirseguido, Pierre Cauchon dispúxose a ler a sentenza, na que a declaraban herexe e a excomulgaban á vez que a enviaban á xustiza secular. Un feito que non ha de estrañar, xa que a igrexa dificilmente cometía os [[delito de sangue|delitos de sangue]] froito das Inquisicións directamente. Antes enviaban aos presos á xustiza secular, como neste caso.
 
Pero Massieu levantouse, e diante da presenza dos ingleses, achegouse a Xoana e suplicoulle que asinase os papeis, teóricamente a sentenza de abxuración. Ela non sabía que era iso que lle pedían, pero a urxencia corría e asinou cunha cruz nun círculo, segundo se cree. O documento non quedou para a posteridade e as informacións son controvertidas. Ao principio creuse que foi un documento de decenas de liñas, pero máis tarde, Massieu diría que tiña de seis a oito liñas. En calquera caso, Xoana salvara a súa vida polo momento aínda que renunciando a todas as súas crenzas, segundo asinara, e así, ademais, aceptaba vestirse outra vez de muller. Unha das teorías que poderían barallarse é que na transcrición do xuízo Cauchon cambiase a sentenza de abxuración longa pola curta. De todos os xeitos, Xoana acabaría sendo levada cara á cela outra vez. Pero antes Cauchon tería un enfrontamento cos ingleses a quen non lles gustou nada aquel último xesto dos clérigos, e acusaron a Cauchon de favorecer a Xoana mentres el o negaba. Chegaron a dicirlle: «O rei malgastou o diñeiro en ti». Warwick dille a Cauchon que pode chegar a ser contraproducente para os ingleses este suceso, xa que ela agora podería escaparse. Pero rápidamente alguén comentalle: «Señor meu, non vos preocupedes, volverémola a capturar». Naturalmente ninguén quedou demasiado contento co que sucedera aquel día. Os ingleses non obtiveran o golpe definitivo que buscaban e mentres a Igrexa sabía que abrira unha porta á clemencia. Ao saber o que asinara, Xoana tampouco quedaría nada contenta, xa que non podería soportar o peso de negar todo aquilo en que sempre crera e que lle moveu a viaxar por toda Francia.