Hugo Chávez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4244504 de Unhanova (conversa)
Liña 114:
A iso das 12 da noite, o Xeneral Lucas Rincón Romero, Ministro de Defensa, dirixiuse ó país por televisión e expresou que ó presidente "se le solicitó la renuncia, la cual aceptó", aínda que en realidade nunca renunciou, segundo testemuñas da reunión<ref>[http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es La revolución no será transmitida, 39' 20''.]</ref>. Na madrugada do 12 de abril, Chávez accedeu a entregarse, abandonou Miraflores e foi transportado inicialmente á base militar localizada en Fuerte Tiuna, Caracas. As imaxes do ocorrido ese día dentro do pazo presidencial foron captadas polas cineastas Kim Bartley e Donnacha O'Brien no documental "[[La revolución no será televisada]]".
 
Na tarde do 12 de abril foi xuramentado [[Pedro Carmona]], presidente de Fedecámaras, como presidente interino. AActo seguirseguido emitiu un decreto que derrogou as leis habilitantes, disolveu o Parlamento, o [[Tribunal Supremo de Justicia (Venezuela)|Tribunal Supremo de Xustiza]], a Fiscalía, a Defensoría do Pobo e se deu a si mesmo poderes por encima da Constitución, o que causou unha grande indignación entre os partidarios do Presidente Chávez e nalgúns sectores moderados da oposición e terminou por restarlle apoio internacional. Entre os países que apoiaron tacitamente o Golpe cóntanse [[España]] (gobernada por [[José María Aznar]]), [[Chile]], [[Colombia]], e [[Estados Unidos de América]]. O sábado 13 de abril, desde a mañá, moitos seguidores de Chávez comezaron a manifestarse en Caracas. A autoestrada que enlaza a capital co oriente foi pechada polos manifestantes, ó igual que a autoestrada que comunica Caracas con La Guaira (onde están o principal porto e o principal aeroporto do país). Comezaron protestas en todo o país. As canles de televisión limitáronse a transmitir películas importadas e deseños animados. Os venezolanos, xa na tarde dese sábado, comezaron a decatarse do que sucedía grazas á canle CNN que chega a Venezuela por cable e satélite. Os captores de Chávez trasládano a unha base naval en Turiamo, onde escribe unha nota dirixida ós venezolanos expresando: "no he renunciado al poder legítimo que el pueblo me dio". Un soldado logra sacar a nota das instalacións e a envía por fax ós medios de comunicación. Daquí, Chávez é trasladado á illa de [[Isla La Orchila|La Orchila]] coa intención, ó parecer, de sacalo do país.
 
Na noite dese día partidarios de Chávez logran tomar Venezolana de Televisión e comezan a transmitir. A estación, ó parecer por presións e ameazas dos opositores, entre eles o mesmo gobernador do estado Miranda, Enrique Mendoza, fora abandonada polos seus traballadores a noite do 11. Un importante batallón asentado en Maracay, baixo o mando de Raúl Isaías Baduel, declara a súa adhesión a Chávez e activan o que chamaron a [[Operación de Rescate de la Dignidad Nacional]]. Os partidarios de Chávez toman o Pazo de Miraflores, abandonado polos golpistas a primeiras horas da tarde. O Presidente do Congreso toma xuramento ó vicepresidente, Diosdado Cabello, como presidente provisional. Horas máis tarde, na madrugada do 14 de abril, un comando libera a Chávez en La Orchila e trasládao a Caracas por vía aérea. Diosdado Cabello transfírelle o mando. Chávez diríxese á nación, amosando un crucifixo e chamando á calma.