Tushratta: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 33:
Cando Tushratta comezou a recuperar os territorios sobre os que se impuxeran os hititas, [[Abdi-Asirta]] de Amurru, que seguramente se apoderara dalgúns territorios antes hurritas, intentou ser leal aos dous grandes reis (o faraón e o rei de Mitanni) en cada un dos territorios correspondentes. Esta manobra foi denunciada por [[Rib-Hadda]] rei de [[Biblos]]. Abdi-Asirta visitou Mitanni e iso fixo reaccionar aos exipcios, que enviaron tropas á zona. Abdi-Asirta pediu axuda ao rei de Mitanni, que non lle contestou. Finalmente a súa propia xente matou a Abdi-Asirta. Os seus fillos reuniron aos leais e aínda conservaron parte das posicións paternas.
Suppiluliumas I volveu entón a Siria. Cruzou á parte oriental do Éufrates e apoderouse de Isuwa (da que xa dominaba a parte ao oeste do Éufrates), que foi anexionada.
Tushratta mentres estaba en Siria, conduciu campañas contra vasalos desleais ou sublevados. Suppiluliumas, despois de devastar Suta, volveu a cruzar o Éufrates, en persecución de Tushratta, cabeza en Siria. Neste lugar deuse conta da extraordinaria fragmentación política: cada cidade importante, cada val, ou comarca, tiña a súa cabeza, un xeque ou un rei.
|