Imperio Ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4246085 de Unhanova (conversa)
Liña 128:
Ana morreu en [[1740]], e o seu aínda novo bisneto foi proclamado tsar como [[Iván VI de Rusia|Iván VI]]. Despois de varios golpes de estado, foi substituído pola segunda filla de Pedro, (r. [[1741]] - [[1762]]). Durante o reinado de Isabel, que foi moito máis efectivo que o dos seus preceptores inmediatos, produciuse a ''"occidentalización"'' da cultura rusa. Entre os eventos culturais máis destacados atópase a fundación da [[Universidade de Moscova]] en [[1755]] e a [[Academia Imperial das Artes|Academia das Artes finas]] en [[1757]] e a aparición do primeiro científico e escolar ruso, [[Mijail Lomonosov]].[[Ficheiro:7yearswar.PNG|400px|dereita|miniatura|operacións do exército ruso na guerra dos sete anos 1756-1762.]]
Durante o reinado dos sucesores de Pedro, a Rusia tivo un rol na Europa moito máis importante. Dende [[1726]] a [[1761]], a Rusia foi unha aliada do [[Imperio Austríaco]] contra o [[Imperio Otomán]] ao cal a [[Francia]] usualmente apoiou. Na guerra de sucesión polaca, a Rusia e máis a [[Austria]] bloquearon o candidato ao trono polaco. Nunha Serie de Guerras Ruso-Turcas, Rusia adquiriu o porto de [[Azov]]. O alcance máis grande que a Rusia tivo coa Europa foi na [[Guerra dos Sete Anos]] ([[1756]] - [[1763]]), a cal tivo lugar en tres continentes, entre a Francia, o [[Imperio Británico]] e os numerosos aliados dos dous bandos. Nesta guerra, a Rusia continuou a súa alianza coa Austria, pero a Austria cambiou a unha alianza coa Francia en contra da [[Prusia]]. En [[1760]] as forzas rusas (como se acostuma na historia) estaban ás portas de [[Berlín]]. Afortunadamente para a Prusia, Isabel morreu en [[1762]], e o seu sucesor, [[Pedro III de Rusia|Pedro III]], aliou a Rusia coa Prusia pola súa devoción ao rei prusiano Federico o Grande.[[Ficheiro:Coronation portrait of Peter III of Russia -1761.JPG|miniatura|Retrato de [[Pedro III de Rusia]], por Lucas Conrad Pfandzelt.]]
Pedro III tivo un reinado curto e impopular. Aínda que foi neto de Pedro O grande, o seu pai foi duque de Holstein-Gottorp, polo cal Pedro foi criado nunha familia [[Luteranismo|luterana]] e os rusos considerábano estranxeiro. Sen facerFacendo caso omiso disto e sen ocultar o seu concepto da Rusia, creou un gran resentimento na realización dos grandes ensaios militares prusianos na milicia rusa, atacando á Igrexa Ortodoxa Rusa, e privando a Rusia dunha gran vitoria que cambiaría a historia da Rusia e de todo o mundo, establecendo unha repentina alianza coa Prusia. Facendo uso do seu descontento e temendo a súa propia posición, a dona de Pedro III, Catarina, depuxo ao seu dono nun golpe de estado e o seu amante, [[Alexis Orlov]] matouno, e por defecto en xuño de [[1762]] [[Catalina II de Rusia|Catalina a grande]] converteuse en Tsarina.
=== Expedicións oceánicas ===
Pedro I deixou a frota rusa aos seus descendentes, pero, de [[Catarina I de Rusia|Catarina I]] a [[Pedro III de Rusia|Pedro III]], ningún dos emperadores compartiu o grande amor de Pedro cara ao mar. Nas décadas que seguiron á súa morte en [[1725]], aos sucesores de Pedro parecíalles inconcibible que unha exhibición de buques de guerra era a mellor maneira de demostrar o poder e a estatura da Rusia en todo o mundo. Nin era prudente xulgar para manter algún propósito inmediato, a frota de Pedro de trinta carabelas e os centenares de naves complementarias; o custo de gardar tal forza a flote esgotaría as caixas do estado. Aínda máis incrible era o plan de Pedro para aumentar a frota, para así realizar o seu desexo de crear unha armada para o extenso mar. A [[Gran Guerra do Norte]], que durou vinte e un anos, servira xa para esgotar os recursos da Facenda Rusa. Por conseguinte, houbo un período na redución de gastos na frota que seguiu á morte de Pedro, e outro marcado pola redución na construción de naves e na diminución no numero de mariñeiros e oficiais. A escola náutica e a Academia Marítima, polo contrario, continuaron prosperando. Os seus estudantes e graduados preserváronse realizando as tradicións da navegación rusa.