Anarquía de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Idade Media mediante HotCat
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
== Conflito entre Estevo e Matilde ==
Por estas razóns, os nobres e o propio [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] non tiñan ningunha confianza en [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Isto ocasionou que, á morte de [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]] en [[1135]], [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] entrase rapidamente en [[Londres]] e, ao recibir o apoio popular, se proclamase como rei. Desde aí foi a [[Winchester]], onde se apropiou do tesouro real, co apoio do seu irmán Henrique, bispo de Winchester. Tamén o apoiaron o bispo [[Roger de Salisbury]] e o arcebispo [[William Corbeil]]. Como os nobres tamén preferían a Estevo antes que a Matilde, ratificaron a usurpación facendosen casofacer omisocaso da súa promesa a [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]]. Incluso o medio irmán de [[Matilde de Inglaterra|Matilde]], [[Robert de Gloucester]], apoiou inicialmente a causa de [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]], aínda que nunca o fixo con verdadeira devoción. O arcebispo de Canterbury, [[William de Corbeil]], e o papa [[Inocencio II]] tamén apoiaran a Estevo.<ref>Barlow, Frank (1999). The Feudal Kingdom of England, 1042–1216 (5th ed.). Harlow, UK: Pearson Education. ISBN 0-582-38117-7.</ref>
 
Pero pese a que [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tiña prácticamente todos os apoios e parecía que o seu reinado estaba garantido, o conde [[Robert de Gloucester]] cambiou de bando aos poucos meses e aliouse coa súa medio irmán a emperatriz [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Ademais, [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tomou unha serie de decisións pouco acertadas, que provocaron resentimentos nalgúns dos seus valedores iniciais. O seu propio irmán Enrique, o bispo de [[Winchester]], volveuse no seu contra debido ao arresto de varios bispos, o que se interpretou como un ataque directo á [[Igrexa Católica|Igrexa]]. En [[1139]], Matilde entrou en [[Inglaterra]] e fíxose forte no [[castelo de Arundel]]. Estevo permitiulle viaxar a [[Bristol]] para entrevistarse con [[Robert de Gloucester]], pensando que así tería aos seus inimigos controlados no mesmo lugar. Outro importante conde, [[Ranulf de Chester]], acudira a [[Lincoln, Inglaterra|Lincoln]] e capturou o castelo. Entón Estevo, movido pola vontade dos cidadáns de Lincoln, decidiu atacar o castelo. [[Ranulf de Chester|Ranulf]] sacou provecho da situación. Escapou, e coa axuda da súa sogro, [[Robert de Gloucester]], reclutó un exército de cabaleiros, dando lugar a un enfrontamento aberto. Nesta batalla, o [[2 de febreiro]] de [[1141]], Estevo foi derrotado e feito prisioneiro en [[Bristol]], de modo que [[Matilde de Inglaterra|Matilde]] puido gobernar temporalmente desde [[Londres]].<ref>Coulson, Charles (194). "The Castles of the Anarchy". In King, Edmund. The Anarchy of King Stephen's Reign. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820364-0.</ref><ref name="Bradbury, Jim 2009">Bradbury, Jim (2009). Stephen and Matilda: the Civil War of 1139–53. Stroud, UK: The History Press. ISBN 978-0-7509-3793-1.</ref> Con todo, a súa gran arrogancia fíxolle gañarse inimigos pronto, e viuse obrigada a abandonar a capital e trasladarse a [[Oxford]]. En [[setembro]] de [[1141]], [[Robert de Gloucester]] caeu en mans da esposa de Estevo, [[Matilde I de Boulogne|Matilda de Boulogne]] e o seu capitán mercenario, [[Guillermo de Ypres]]. A emperatriz decidiu cambiar a [[Robert de Gloucester|Robert]] por Estevo, de modo que este último recuperou o trono. Estevo controlaba nese momento case todo o país e deixou sitiada a Matilde no [[castelo de Oxford]]. A súa fuxida nocturna a [[Wallingford]] baixo a neve converteuse en lenda.<ref name="Bradbury, Jim 2009"/>