Acontecementos en Vitoria en 1976: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Recriminacion a fraga na usc.jpg|miniatura|dereita|Cartel opositor das políticas levadas a cabo por Fraga durante o franquismo, entre elas as relacionadas cos acontecementos de Vitoria en 1976, colgado no taboleiro de novas da Facultade de Historia da USC durante os días posteriores ao falecemento do político vilalbés.]]
Durante o mes de xaneiro de [[1976]] arredor de seis mil traballadores iniciaron unha folga en contra do decreto de topes salariais e en defensa de mellores condicións de traballo. Dous meses despois convocaron por terceira vez unha folga xeral que foi masivamente seguida o día 3 de marzo. Ese mesmo día a policía armada entrou na igrexa San Francisco de Agarrades en Vitoria, na que estaba previsto realizar unha asemblea de traballadores e, facendosen casofacer omisocaso da decisión do párroco e do contido do Concordato, cominou ao desaloxo. Pouco despois do ultimato, as forzas da orde dispararon [[gas lacrimóxeno|gases lacrimóxenos]] nun recinto pechado e ateigado de xente. O tropel de xente que foi saíndo do templo, foi agredido fisicamente, do cal se derivou o [[asasinato]] de [[Pedro María Martínez Ocio]], traballador de [[Forjas Alavesas]], de 27 anos, [[Francisco Aznar Clemente]], operario de panadarías e estudante, de 17 anos, [[Romualdo Barroso Chaparro]], de Agrator, de 19 anos, [[José Castillo]], de Basea, unha sociedade do Grupo Arregui, de 32 anos. Dous meses despois morrería [[Bienvenido Pereda]], traballador de Grupos Diferenciales, con 30 anos. Dous obreiros mortos no lugar dos feitos, catro feridos moi graves dos cales tres morrerían, e varios feridos máis, algúns con ferida de bala, foron o resultado do masacre.
 
Aquel xoves o Secretario Xeral do [[SPD]] de [[Alemaña]] cancelaba a entrevista con Fraga que participaba nunha campaña diplomática para vender internacionalmente unha reforma avalada pola [[monarquía]]. O sábado, Manuel Fraga Iribarne, entón Ministro da Gobernación, xunto con [[Rodolfo Martín Villa]], Ministro de Relacións Sindicais, e o xeneral Campano, director da [[Garda Civil]], tentaban, visitando aos feridos, reducir o impacto da súa decisión de usar a [[violencia]] contra os manifestantes.
7.964

edicións