Linguas célticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
As '''linguas célticas''' son as linguas que descenden do [[protocéltico]], ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]]. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda [[Europa]], dende a [[baía de Biscaia]] e o [[mar do Norte]], entre o [[Río Rin|Rin]] e o [[Río Danubio|Danubio]] ata o [[Mar Negro]] e a parte alta da península dos [[Balcáns]], e mesmo [[Asia Menor]] ([[Galacia]]).
 
Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das [[Illas Británicas]], ao leste dedo [[Canadá]], a [[Patagonia]], algúns grupos nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Australia]], e na península de [[Bretaña]]. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o [[gaélico irlandés]] é oficial en Irlanda. O [[gaélico escocés]] e, máis ca ningún o [[Lingua galesa|galés]] posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o [[córnico]] e o [[manés]] están rexurdindo despois de se daren por extintos.
 
== Clasificación das linguas célticas ==