Xeografía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
== A costa ==
[[Ficheiro:Portos de Galicia.jpg|esquerda|miniatura|150px|[[Porto (comunicacións)|Portos]]]]
A costa galega conta con 1.195 quilómetros<ref>[http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/litoral Litoral], na web da Consellería de Pesca.</ref> e ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves e dunha elevada diversidade paisaxística e litolóxica. Altérnanse, pois, lugares con características diferentes, como [[Corrubedo]] nas Rías Baixas ou a [[Rasa Cantábrica]] na [[Mariña de Lugo]], a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o [[Dunas de Corrubedo|Parque Dunar de Corrubedo]] e a [[Praiapraia de Augas Santas]] (tamén coñecida como [[Praiapraia das Catedrais]]).
 
A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias.
Liña 20:
Xeograficamente, unha das peculiaridades de [[Galicia]] é a presenza das [[ría]]s, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en [[Rías Altas]] e [[Rías Baixas]], segundo a súa posición respecto a [[Fisterra]] como punto máis occidental de Galiza.
 
As [[Rías Altas]] son as de [[Ría de Ribadeo|Ribadeo]], [[Ría de Foz|Foz]], [[Ría de Viveiro|Viveiro]], [[Ría do Barqueiro|Barqueiro]], no [[Marmar Cantábrico]] (é dicir, ó leste de [[Estaca de Bares]] como punto máis ó norte de Galicia), e [[Ría de Ortigueira|Ortigueira]], [[Ría de Cedeira|Cedeira]], [[Ría de Ferrol|Ferrol]], [[Ría de Betanzos|Betanzos]], [[Ría da Coruña|A Coruña]], [[Ría de Corme e Laxe|Corme e Laxe]] e [[Ría de Camariñas|Camariñas]]. Estas últimas rías, situadas ó oeste de Estaca de Bares son algunhas veces recollidas como [[Rías Medias]].
 
As [[Rías Baixas]], todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son as de [[Ría de Corcubión|Corcubión]], [[Ría de Muros e Noia|Muros e Noia]], [[Ría de Arousa|Arousa]], [[Ría de Pontevedra|Pontevedra]] e [[Ría de Vigo|Vigo]].
Liña 27:
[[Ficheiro:Fisterra.Cabo.Galicia.jpg|miniatura|250px|Contrariamente á crenza popular, o Cabo Fisterra non é o punto máis occidental da España peninsular. Esta distinción debe outorgárselle ao [[Cabo Touriñán]].]]
Os máis coñecidos son:
* [[Estaca de Bares]], que marca o punto máis ó norte de Galicia e a separación entre [[Océanoocéano Atlántico]] e [[Marmar Cantábrico]], entre as rías do Vicedo e Ortigueira.
* [[Cabo Ortegal]], entre a ría de Ortigueira e os cantís de Teixido.
* [[Cabo Prior]], ó norte de Ferrol.
Liña 64:
 
== O interior ==
Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais (antes a Madrid, Barcelona, Biscaia e Europa Occidental, e antes aínda a América, onde todos os españois aínda hoxe son chamados ''gallegos''), de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en [[aldea]]s, o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.
 
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do [[Ríorío Miño]] no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó [[Marmar Cantábrico]]). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos [[Canónscanóns do Sil]]. Noutras zonas aparecen amplos vales, se ben son minoritarios.
 
Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do [[O Porriño|Porriño]] con canteiras de [[granito]], rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.
Liña 77:
Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do [[río Miño|Miño]] e o [[Río Sil|Sil]] que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros.
 
Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os célebres [[canóns do Sil]] (moitos deles aproveitados para encoros).
 
=== Montes ===
{{Artigo principal|Montes de Galicia|Montañas de Galicia}}
A montaña máis alta é [[Pena Trevinca]], cunha altura de 2124 m (no límite administrativo da Comunidadecomunidade Autónomaautónoma) en Ourense.
 
Porén, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:
Liña 93:
* [[Serra de Montemaior]], co pico de Meda (565 m) na provincia da Coruña;
* [[Montes do Testeiro]], entre Pontevedra e Ourense, co Faro de Avión (1151 m);
* [[Serra da Peneda]], [[Serraserra do Xurés]] e [[Serraserra do Larouco]] facendo fronteira entre Ourense e [[Portugal]], con montes como o Aguioncha (1240 m).
 
== Notas ==