Volgogrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Río Volga mediante HotCat
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia{{cómpre referencia}}, a [[batalla de Stalingrado]]. Esta foi un episodio decisivo na Segunda Guerra Mundial tanto para o sostemento da resistencia da [[Unión Soviética]] contra o Exército de [[Adolf Hitler]], como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.
 
A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "[[Cidade Heroica]]" en 1945, ademais recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, dunha espada especialmente confeccionada aopara o efecto por orde do rei do Reino Unido [[Xurxo VI]]. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado ''Mamaev Kurgan'', no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, talles como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película ''[[Inimigo ás portas]]''.
 
Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal{{cómpre referencia}}.