Gezer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Historia ==
=== Orixes e época antiga ===
Atopáronse evidencias de poboamento do [[Paleolítico]], e foi habitada no [[neolítico]] por [[troglodita]]s da [[cultura Natufiana]] (cultura do [[Wadi Natuf]]), que serían expulsados de alí polos pobos [[semitas]]; o establecemento semita (cananeo) foi destruído, pero refíxose e converteuse en bastante importante; foi ocupada polo faraón [[Tuthmosis III]], pero, malia iso, recuperou pronto a súa importancia e construíronse as murallas exteriores e un túnel de auga. No [[século –XV]] aparece gobernada por Yapahu de Gezer e Muhazu; actoa seguidoseguir aparecen Milkilu (sobre [[-1400]] – [[1365]]), Baalu-Shipti (metade de século) Yapuhu (segunda parte do século) e Addadanu (finais do século). Foi destruída ben polo faraón [[Merneptah]] ou ben por Joshua ben Nun e os [[israelitas]] e permaneceu deserta ata pasado o [[-1200]], cando chegaron os filisteos. Un rei de nome [[Horam]] aparece despois do [[-1200]].
=== Os filisteos ===
Estes construíron a acrópole e ergueron a cidade, que foi poboada por filisteos mesmo en tempos de [[Saúl]] e [[David]]. Este último, despois da batalla de [[Baal-perazim]] (a 4 km ao noroeste de Xerusalén) perseguiu os filisteos desde [[Geba]] ata Gezer (que foi o punto máis afastado ata onde chegou). Nas inmediacións de Gezer estaba a cidade de [[Ramla]], que estaba habitada polos [[xesubitas]], e tamén foi ocupada polos israelitas. En tempo do rei [[Salomón]] foi ocupada por un faraón (talvez [[Siamon]]) que a cedeu como dote da súa muller, unha princesa exipcia. Salomón reforzou as súas defensas (así como as de [[Hazor]] e [[Megiddo]]).