Charles Stewart Parnell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
En 1882 o seu partido pasou a chamarse Partido Parlamentario Irlandés (IPP), introducindo importantes modificacións. Impuxo un novo sistema de selección para a escolla de parlamentarios comprometidos co partido, coa fin de rematar coa frecuente práctica dalgúns membros que votaban segundo a súa conveniencia, contraviñendo aos seus propios compañeiros. Máis tarde, obrigou mediante o regulamento interno a que todas as votacións fosen en bloque. Estas medidas son vistas hoxe como a acta fundacional do primeiro [[partido político]] moderno.
 
A estratexia de Parnell funcionou, e nas eleccións xerais de 1885 o nacionalismo irlandés, a través do IPP, logrou a histórica cifra de 86 deputados, o que aproveitou para intentar forzar a aceptación dun principio de parlamento para [[Dublín]]. APara tal efecto, apoiou primeiramente aos conservadores pero, tras a adopción por parte destes de medidas represivas contra os labregos irlandeses en xaneiro de 1886, decidiu cambiarse de bando e apoiar aos liberais de Gladstone. Os conservadores caeron e Gladstone aceptou o autogoberno. Porén, os unionistas irlandeses axiron contra esta decisión e fundaron o [[Partido Liberal Unionista]]. Os conservadores aproveitaron a conxuntura e, para debilitaren ao goberno liberal, posicionáronse en contra da decisión de Gladstone. Este presentou o 8 de abril a Primeira Lei para o Autogoberno Irlandés. Porén, os desacordos fixéronse oco no seo do partido Partido Liberal e nunha memorable sesión parlamentaria no mes de xuño a lei foi rexeitada por unha escasa diferenza de 30 votos (341 contra 311). O parlamento foi disolto e, en plena axitación política de todo o [[Reino Unido]] a causa do autogoberno da illa, foron convocadas novas eleccións, nas que a suma de conservadores e unionistas conseguirían a [[maioría absoluta]].
 
En marzo de 1887 foi acusado de apoiar os asasinatos de Cavendish e Burke por mor dunhas supostas cartas remitidas por el. Porén, demostrouse que as cartas foran unha falsificación de [[Richard Piggot]], [[xornalismo|xornalista]] antiparnelita de dubidosa reputación. Ao se descubrir a montaxe, Piggot fuxiu a [[Madrid]], onde se suicidou.