Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 73:
A principios do século XX, algúns estudiosos estimaron a obra de Rembrandt nunhas 600 pinturas, case 400 gravados e preto de 2.000 debuxos.<ref>[http://www.westernciv.com/courses/2004/noeuart.shtml ''Art of Northern Europe'', Institute for the Study of Western Civilization.]</ref>
Investigacións realizadas desde 1960 ata hoxe en día -lideradas polo Proxecto de Investigación Rembrandt, coordinado por varios expertos holandeses sobre o pintor- reduciron esta cifra nunhas 300 pinturas, aínda que non sen xerar certa polémica.<ref group='nota'>Algunhas indicacións sobre a autoría de obras dubidosas, catalogándoas entre "moi probablemente auténtica", "posiblemente auténtica" e "de autoría dubidosa" están reunidas en [http://staff.science.uva.nl/~fjseins/RembrandtCatalogue/ the Online Rembrandt catalouge].</ref>
Respecto de os [[gravado]]s, xeralmente realizados mediante [[punta seca]] ou a [[augaforte]], a cifra estimada é máis estable, e aproxímase ás 300 pezas.<ref group='nota'>Fai 200 anos, Bartsch citaba 375. Algúns catálogos recentes inclúen tres novas estampacións -dúas delas, exemplares únicos- e sinalan as seguintes cifras: Schwartz (páx. 6), 289; Münz 1952, páx. 279; Boon 1963, páx. 287 [http://www.printcouncil.org/search.html Print Council of America] - aínda que a cifra indicada por Schwarz non coincide coas obras atribuídas no seu libro.</ref> É probable que Rembrandt realizase máis dos 2.000 debuxos que se lle atribúen, pero incluso esa cifra é posiblemente demasiado elevada segundo estudos contemporáneos.<ref group='nota'>Non é posible indicar unha suma total, posto que a valoración da obra de Rembrandt, e o estudo comparativo coa obra dos seus numerosos alumnos e imitadores aínda non foron concluídos. De calquera modo, a análise dunha colección berlinesa realizado a raíz dunha exposición en 2006 reduciu os 130 debuxos atribuídos a Rembrandt a uns 60.[http://www.codart.nl/exhibitions/details/911/ Codart] O [[British Museum]] anunciou a publicación dun novo catálogo sobre Rembrandt tras un estudo similar realizado recientementerecentemente.</ref>
 
En certo momento contábanse ata 90 autógrafos distintos de Rembrandt, aínda que hoxe en día sábese que moitos dos seus alumnos debían copiar as súas pinturas como parte da súa aprendizaxe. Investigacións máis recentes reduciron esta cifra ata as 40 pinturas, suprimindo algúns debuxos e 31 gravados, entre os cales cóntanse algunhas das imaxes máis representativas do grupo.<ref>White and Buvelot 1999, p. 10.</ref> Moitos dos seus autorretratos móstranlle con roupaxes [[anacronismo|anacrónicos]], ou facéndose mocas a si mesmo. Os seus autorretratos mostran a evolución desde o atribulado mozo con talento, e o pintor exitoso da década de 1630 ata os sombríos retratos da súa vellez, de enorme profundidade psicolóxica. Xuntos compoñen a imaxe dun home que atravesou todos os estados da vida, e cuxa expresión reflicte as fortes sacudidas que sufriu o seu espírito ao longo da súa vida.<ref group='nota'>Aínda que tradicionalmente interpretouse que estes autorretratos compoñen unha especie de diario introspectivo e persoal, é posible que fosen pintados con fins comerciais, para satisfacer a demanda dun mercado de autorretratos de ilustres pintores, tal como sinala Van de Wetering, páx. 290.</ref>