La Iberia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 43:
Desde as súas páxinas apoiouse a [[Revolución de 1854 en España|Revolución de 1854]] e a figura de [[Baldomero Espartero]] para dirixir o goberno mentres que se atacaba a [[Leopoldo O'Donnell]].
 
''La Iberia. Diario liberal de la mañana'', xunto coa súa atención preferente á política, destacaba, segundo os autores, pola rica e variada información cultural, literaria ou científica que tódolos días ofrecía nas súas páxinas, e que distaba moito da proporcionada por outros xornais madrileños do seu tempo. Estamos ante un xornal, primeiro matutino e de aparición diaria, e despois vespertino e publicado de luns a sábado, en cuxa redacción colaboraron escritores da categoría de [[Juan de la Rosa]], [[Concepción Arenal]], [[Patricio da Escosura]], [[Gaspar Núñez de Arce]] ou [[RosalíaManuel de CastroMurguía]], entre moitos outros, e cuxa principal etapa se desenvolve entre os anos 1860 e 1863, cun equipo xa consolidado, corresponsalías internacionais en [[Londres]] e [[París]] e unha actividade que, como apuntan os autores, conduciría a ''La Iberia'' ao liderado na prensa política e converteríaa en punta de lanza de iniciativas tan significativas para a vida literaria do [[século XIX]] como foi a coroación do poeta [[Manuel José Quintana]] en 1855.
 
En 1863 é adquirido por [[Práxedes Mateo Sagasta]], xunto con [[José Abascal y Carredano]], quen o dirixirá até xuño de 1866, alcanzando a súa máxima difusión e servíndolle para criticar ao goberno e preparar a [[Revolución de 1868]].<ref name="BNE"/><ref>{{Cita web|url=http://web.archive.org/web/20120218042245/http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/personajes/6969.htm |título=arteHistoria}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://web.archive.org/web/20120317115200/http://www.bermemar.com/politica/diputa/sagasta/ingeperi.htm |título=Práxedes Mateo Sagasta: ingeniero y periodista}}</ref>