Wikipedia:Como doar materiais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q4063423
Agremon (conversa | contribucións)
m reordeación de frase
Liña 3:
 
A doazón non é un procedemento sinxelo e debe conter os seguintes elementos esenciais:
* O doante debe ter sobre todos os dereitos sobre o material. Non se pode doar un material que non é dun. Tampouco se pode doar un material que foi propiedade dun, pero que posteriormente foi cedido parcial ou totalmente a outro xestor<ref>Por exemplo, un pintor cede os dereitos dun cadro que está nunha exposición, pero a foto que chega á Wikipedia dese cadro foi feita por outra persoa que non cedeu os dereitos. Nese caso, non se podería admitir o material.</ref>.
* O doante, ou os intermediarios que sexan necesarios, deben comunicarlle esa doazón ao [[Wikipedia:OTRS|OTRS]], a estrutura que se encarga de xestionar os correos recibidos pola [[Fundación Wikimedia]] e que é tamén responsable de atender á xestión dos permisos e doazóns. É recomendable tamén que se xunte o correo enviado inicialmente dende a Galipedia ao autor solicitando a doazón, se é que este existe.
* Nese correo de cesión debe quedar claro, de forma inequívoca, que é o autor e propietario de todos os dereitos, e mais a licenza específica á que se quere acoller. Frases como "permiso para a Wikipedia" ou "poden reusar o material", etc. non son licenzas aceptables.